venres, 12 de febreiro de 2016

Vannos pagar a todo o persoal da Xunta os complementos específicos substraídos nas pagas extras 2013?

A día de hoxe só vai cobrar o persoal funcionario que vaia ao Xulgado ao non ter a posibilidade legal de presentar conflito colectivo.

As pagas extras de todo o persoal funcionario son incompletas ao ter desde maio de 2010 recortados os compoñentes de soldo e trienios que se empregan para calcular a paga extra; ao persoal laboral se lle aplica o recorte linealmente. Porén, na Xunta todo o persoal témolas máis icompletas aínda ao non inlcuír estas o complemento específico (ou equivalente para persoal laboral).

Son varias as sentenzas que están recaendo sobre a substración dos complementos específicos nas pagas extras de 2013 para o persoal funcionario. As sentenzas están recoñecendo o dereito ao cobro da totalidade no caso do silencio administrativo que ditaminan positivo ao non existir norma específica que diga o contrario que a Lei de Procedemento Administrativo.

Por outra banda, e na práctica totalidade dos casos, recoñecen a reclamación subsidiaria de 1/3 do complemento específico da paga extra de xuño ao entrar en vigor a Lei galega de Orzamentos do 2013 con dous meses de atraso, o 1 de marzo.


Para o persoal laboral presentouse conflito colectivo e resolveuse no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) recoñecendo esta reclamación subsiriaria. Porén, non é firme e está recorrida pola Xunta ante o Tribunal Supremo (TS).  Cando saia a sentenza do TS é probable que vaia no mesmo sentido que a do TSXG, o que poden pasar son varios anos.

No caso do persoal funcionario non hai conflito colectivo polo que as reclamacións son individuais e vai cobrar quen as faga. Outra cousa sería que houbera milleiros de demandas individuais e iso servira de presión para que a Administración pagara de oficio o que se reclama subsidiariamente como pasou coa parte devindicada da paga extra de 2012. Porén aquí xoga en contra que a Xunta de Galiza foi a única administración que fixo ese recorte. En calquera caso, esa decisión tería un carácter político e un custo económico total de 33 millóns de euros.

Outra posibilidade é a agardar pola aplicación práctica da futura sentenza do TS que o loxico sería que se fixera analóxicamente tamén para todo o persoal (laboral e funcionario). Porén, esa aplicación "lóxica" depende de decisións políticas, de dispoñibilidades orzamentarias, e cando se execute será anos vista, sen data clara de sentenza, e por suposto sen xuros de demora.

O que sí é imposible, vía xudicial, é que todo o persoal acabe recuperando a totalidade dos complementos sustraídos no 2013. Para iso,  hai que ir ao xulgado, si ou si, e cun silencio administrativo ou cunha resolución administrativa negativa que exceda dos 3 meses. Tamén semella imposible, vendo algunhas sentenzas, recuperar xudicialmente os complementos específicos do resto dos anos.

A posibilidade de recuperar universalmente (para todo o mundo e sen ir ao xulgado) os complementos específicos das pagas extras do 2013, así como o do resto dos anos, é tamén unha decisión política pero tamén unha demanda lexítima que esimos como traballadoras e traballadores públicos. Esta decisión política ao ter un custo económico moito maior (200 millóns de euros por ano) é aínda máis improbable e, actulamente, semella case que imposible tendo en conta que a día de hoxe non definiron sequera cando volveremos a cobrar os complementos específicos nas pagas extras. Así pois, toca seguir reclamando fóra da vía xudicial.

Novas relacionadas:

Orzamentos 2016 persoal público: onde están as pagas extras completas?

Ningún comentario:

Publicar un comentario