xoves, 25 de febreiro de 2016

RPT de Educación: xuntanza do 23F

O martes 23 houbo unha xuntanza convocada pola consellería de educación para tratar a súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo, consistente, en grandes liñas, en dotar de persoal auxiliar algúns colexios (aqueles que contasen con máis de 400 alumnos, ou con 350 e servizo complementario de transporte e/ou comedor). A proposta implicaría o desprazamento de 35 funcionarios e funcionarias de IES, así como a amortización de 77 (moitas delas sen dotación orzamentaria, outras 8 ocupadas con persoal interino, e 3 en comisión de servizos)

A consellería comeza informando que a para a financiación das creacións pretende amortizar 23 prazas de profesores de relixión, algo que non aparece na memoria funcional que nos entregaron. Van a sacar a relixión das escolas públicas? Estanse volvendo laicos?

A grandes liñas, esto foi o que manifetou a CIG:

  • Na procura dun mellor servizo público, a CIG non se opón á crear postos nos colexios, pero vemos a proposta incompleta. Propomos un plan plurianual para dotar todos os centros de educación con persoal auxiliar e subalterno.
  • Estamos en contra das amortizacións de postos de persoal auxiliar e subalterno, así como do desprazamento de postos entre centros para cubrir unha necesidade deixando descuberta outra.
  • Nos casos en que haxa traslados, aceptar as persoas voluntarias ainda que non sexa a máis recente.
  • Reclamamos que fagan públicas as ratios que utilizan. Non entendemos que poidan valorar as necesidades de persoal utilizando exclusivamente o criterio de número de alumnos/as sen ter en contra outras circunstancias como son: existencia de varios edificios, illamento do centro, existencia de centros adscritos, ciclos.. É preciso discutilos e facer despois os axustes necesarios.
  • Consideramos que debe haber un posto de xefe/a de secretaría nos centros con determinado número de auxiliares. Tamén valoramos a conveniencia de que polas súas funcións, o secretario ou secretaria do centro debería ser un funcionario ou funcionaria de administración en troques dun docente.
  •  Queremos a memoria económica, coas liñas orzamentarias de cada posto.
Para rematar, expresamos que dende fai dous anos apreciamos un incremento dos conflitos nos centros. Puxémoslles varios exemplos: cambios de horarios a metade de curso, asignación de tarefas indebidas ou con criterios dispares entre centros.. Moito nos tememos que esta modificación vai incrementar ainda máis os problemas, tanto por como quedarán os centros aos que se lles quita persoal, como o que vai pasar nos colexios nos que tan só vaia un auxiliar.

A consellería:
  • Non teñen un plan plurianual, limítanse a tentar resolver as necesidades que lles transmiten. 
  • Reconsiderar individualmente os traslados e amortizacións.
  • Cambiar o funcionario/a que se traslada se hai voluntario/a.
Teñen intención de aplicar a nova RPT xa en maio, algo que consideramos que vai ser imposíbel. Quedamos en volvernos a sentar o martes 1 de marzo e presentar alegacións escritas o xoves 25 de febreiro. A CIG acompañará as alegacións cos numerosos escritos que nos enviaron dende os centros, a fin de xustificar as circunstancias que poidan facer que educación reconsidere a súa proposta inicial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario