Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 16 de febreiro de 2016

Promoción interna: 2012 aspirantes competirán por unha das 320 prazas en datas aínda sen determinar

Ao fin, publícanse no DOG de 16/02/2016, as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos distintos procesos de promoción interna de corpos xerais de persoal funcionario. As listaxes provisionais foran publicadas no mes de outubro do ano pasado e as convocatorias publicáranse no mes de maio. Estas convocatorias acumulan prazas de varias ofertas de emprego público de 2009, 2011 e 2012, sendo as prazas de libre xa convocadas e resoltas anos atrás.

Finalmente serán 2012 as persoas aspirantes que loitarán por unha das 320 prazas sen aínda coñecer as datas dos exames. As peores ratios atópanse no C1 e no A2 próximo ás 15 e ás 12 persoas por praza respectivamente. Pola contra, no A1 e C2 as ratios son próximas a 2 persoas por praza. Porén, iso non garante nada xa que non é novo nesta Administración o de deixar prazas baleiras.

A continuación deixámosvos uns cadros resumos cos diferentes datos e as ligazóns ás listaxes definitivas tanto de persoas admitidas como de persoas excluídas, esta última publicada xunto coa resolución:

Cadro de ratios de persoas admitidas por praza (pica na imaxe para ampliar)


 Cadro de persoas excluídas (pica na imaxe para ampliar)


Ligazóna as listaxes definitivas


Novas relacionadas:



Ningún comentario:

Publicar un comentario