venres, 5 de febreiro de 2016

Da Oferta de Emprego Público para 2016, de procesos selectivos e outras novas

O pasado 3 de febreiro houbo unha reunión co director xeral de Función Pública desas de moita palla e pouca chicha, a maior chicha xa nola anunciou onte Alberto Núñez Feijóo en exclusiva tralo Consello da Xunta: o desglose da Oferta de Emprego Público de Administración xeral para 2016 (ver ao final desta nota).

O que si deu a entender o director xeral é que hai intención de convocar case todo o que está pendente das OPEs pasadas (excepto corpos xerais, que eso seguramente acabará acumulado para non variar). Ningunha información nova de ningún concurso. Ningunha información de cando van pagar o 50% da paga extra do 2012 que nos deben e que ía este ano (deixaranno para que o anuncie Feijóo tras un consello da Xunta moi próximo as eleccións galegas, apostamos?)

Nótase que estamos en precampaña que saen ofetadas prazas (o dobre que o ano pasado) e agora éntralles a presa por convocar o que falta e facer exames (que tampouco hai unha data clara). Aínda que agora si, porque lles interesa políticamente, deámoslle algo máis credibilidade que de costume a que algo van facer aínda que tampouco ofrecen datas moi claras.

Imos por partes:

Covocatoria 6 prazas de ordenanza para persoas con discapacidade intelectual: dan o clásico "o primeiro exame non será antes de...", neste caso do 1 de setembro. 

Letrados/as, Biólogos/as, Químicos/as, Enx. Industriais e Enx. Téc. Industriais: din que nas "dúas próximas semanas" (ou sexa en febreiro) remitirán os borradores das convocatorias para o seu estudo.

Prazas pendentes das diferentes escalas recollidas nas OPEs 2014 e 2015: din que as irán remitindo para negociación entre febreiro e xuño, agás Subinspección de consumo e Axentes Fac. Medioambientais que as deixan para o 2017 (se é que chegan).

Promoción interna corpos xerais: para a segunda semana de febreiro publicarán, ao fin, a listaxe de persoas admitidas e excluídas. Nada de indicación dunha data concreta dos exames.

Temarios: corpos xerais: despois de facer longo tempo de intermediario, agora tira balóns fóra e di que iso que lle apuremos á EGAP que el non ten competencia nesa materia. Curioso porque os temarios das prazas de ordenanza para persoas con discapacidade intelectual si se encarga Función Pública do temario que din van copiar dos do INAP. Persoal veterinario: tratarase as alegacións o luns 8, Función Pública elaborará os 17 temas da parte xeral pero que os da parte específica que non se van publicar, cada quen que se busque a vida, como ata o de agora... triste.

O luns 8 hai convocada unha nova reunión para desinformarnos da OPE 2016 (agora que xa temos toda a información da nota de prensa do Gabinete de Feijóo), do temario das opos de persoal veterinario (como dixemos), dos criterios das libres designacións e do programa das opos para ordenanzas con discapacidade intelectual.

Pica na imaxe para agrandar

1 comentario:

  1. Precampaña?, estamos en campaña electoral, ainda que con este director de función pública as convocatorias poden ser para a siguinte lexislatura. Saúdos Fulgencio.

    ResponderEliminar