Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 9 de febreiro de 2016

AMTEGA: resumo da reunión do 5 de febreiro

O 5 de febreiro houbo unha reunión para falar dunha microproposta de modificación da RPT da AMTEGA se ben se tocaron outros temas de interese para o persoal público que traballa nesta axencia.

Sobre a proposta de modificación da RPT

Xefatura de sección de coordinación económica e protección de datos (posto de nova creación): solicitamos a retirada do mérito en experiencia. AMTEGA: manifestan disposición a reconsiderar a nosa alegación de retirar a experiencia e poderían substituilo por engadir o mérito de formación en protección de datos.

Xefatura de departamento de sistemas (área de infraestruturas e telecomunicacións): solicitamos a retirada da proposta (engaden apertura a administración local, manteñen SERGAs). A CIG entende que AMTEGA considera que non ten persoal propio capacitado, criticamos que adapten os postos ás persoas, e até nos atrevimos a dar o nome da persoa a que lle abren o posto e que procede do Concello de Comopostela, algo que é público e notorio entre parte do persoal. AMTEGA: queren alguén con coñecemento no soporte informático da Administración Local; estarían dispostos a reconsiderar que o posto non fose de libre designación (a ver porque ao mellor quer dicir que o converten en concurso específico que para o caso o mesmo ten).

Outros asuntos á discusión


Solicitamos unha nova RPT completa de cara a:
  • Crear diferentes centros de destino de xeito que reflexe a realidade das diferentes ubicacións do persoal espallado, nomeadamente en Compostela (na anterior RPT completa, 139 postos colgaban da dirección).
  • Pasar as xefaturas de departamento provincial de LD a concurso.
  • Supresión dos méritos de experiencia.

Demandamos concurso de traslados (o anterior é de marzo/2014). AMTEGA: dispostos a falalo para a semana que ven.

Reclamamos a homologación salarial ao persoal laboral (III-91), que non cobran a homologación. AMTEGA di que non son 11, senon 40, polo que non lles chega o diñeiro que teñen orzamentado (daría para 10). Quedaron en pasarnos os datos e tratalo nunha seguinte xuntanza.

Teletraballo: das 28 solicitudes están pendentes 6 ou 7. Teñen duas denegadas por exixir presenza física.

Postos de nova creación (RPT marzo 2015) sen cubrir (Programador-Vigo, Sección-Pontevedra, Sección-Ourense e Operador-Ferrol): están todos sen ocupar. Solicitamos a súa cobertura.

CIXTEC: segundo o xerente de AMTEGA, o que se está a falar dunha hipotética integración en AMTEGA son unicamente ruxe-ruxe.

Tamén che pode interesar, a próxima visita de avaliación de riscos nos Servizos Centrais da AMTEGA que será luns, 29 de febreiro, a partir das 9:00h  + info

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario