Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 22 de marzo de 2016

"O TTIP é innecesario e perigoso": Joseph Stiglitz economista galardoado co premio nobel

En España non se fala moito desto a pesar de que nos vai afectar como cosumidores/as, como usuarios/as dos servizos públicos,como traballadores/as,  e como persoas que vivimos nun entorno medioambiental. 

"O TTIP é innecesario e perigoso. O seu impacto no comercio non será grande pero o dano á protección dos consumidores e á democracia si será grande" Ista é a voz de  Joseph Stiglitz economista e premio nobel que ten declarado en diversas ocasións contra este tratado internacional con EE.UU. e o seu irmán pequeno - O CETA- con Canadá que poñen por diante os intereses das grandes corporacións antes que os dereitos das persoas.

Xunto a millóns de europeos apelamos á UE para que freara as negociacións sobre os acordos comerciais TTIP e CETA. Pero, escoitounos a Comisión? Aparentemente non. O 29 de febreiro, a comisaria Malmström anunciou o acordo alcanzado con Canadá con respecto ao CETA. As propostas acordadas inclúen o dereito dos investidores para demandar gobernos - o famoso mecanismo ISDS, agora bautizado como Sistema de Tribunais de Investimentos (ICS polas súas siglas en inglés). Ou sexa, deixar as grandes corporacións ao marxe da Xustiza.

Ao mesmo tempo, a UE tamén puxo sobre a mesa un mecanismo ISDS xa "zombie" durante a duodécima rolda de negociacións sobre o TTIP que tivo lugar tan só uns poucos días antes en Bruxelas.

Son estes cambios cosméticos suficientes para responder as preocupacións da cidadanía? Cremos que non, polo que a nivel europeo continúase preparando unha campaña para persuadir aos parlamentos e aos gobernos a non aprobar este tratado.

Para iso, necesitase de novo a axuda cidadá: É hora de falar cos nosos representantes electos xa que serán os que decidan sobre o CETA e o TTIP! É hora de que lles expliquemos as nosas preocupacións con relación a estes tratados, xa sexa por carta, correo electrónico, redes sociais ou en persoa.

No mes de maio lanzarán unha nova ferramenta de campaña que nos permitirá contactar cos nosos deputados europeos e exercer presión primeiro fronte ao CETA e máis tarde fronte ao TTIP. Mentres esteamos a falar ou visitando a un deputado do Parlamento Europeo, cidadáns e activistas doutros países de Europa estarán a facer o mesmo, e así, unindo esforzos, podemos influenciar aos nosos parlamentarios europeos para que escoiten e actúen. Pola banda das corporacións son millóns os que se gastan nos lobbies para "contentar" aos europarlamentarios. Nós só temos a nosa voz e a nosa papeleta eleitoral cada 5 anos, cumpre non esquecer iso á hora de apoiar partidos políticos que só obedecen a voz das grandes empresas e os seus lobbies.

Nas próximas semanas actualizarase a información sobre esta nova ferramenta de campaña, pero agora mesmo, xa podedes facer algo para contribuír: Dicíde que se pode facer para que esta campaña funcione ben. Preparase un cuestionario en liña que se enche nun par de minutos. Así que, sacádelle punta ao voso lapis electrónico e contade que necesitamos para conseguir os mellores resultados.


Ningún comentario:

Publicar un comentario