Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 22 de marzo de 2016

Datos de flexibilidade e teletraballo: 8.565 persoas con flexiblidade mais só 124 co teletraballo

A Administración remítenos os datos acumulados das flexibilidades horarias e do teletraballo con relación á data de 31 de xaneiro.

Este mes volveu a aumentar significativamente (un 10%) as resolucións favorables de teletraballo que se ben os datos absolutos seguen sendo ínfimos: son só 124 persoas as que gozan do réxime do teletraballo fronte os 2.000 potencias usuarios segundo cifras da propia Administración. En concreto, desas novas 12 resolucións favorables, todas nos Servizos Centrais, a metade corresponden a postos de informática (solicitudes que levaban tempo atrancadas), o resto son dúas de letrado/a xefe, dúas de inspector/a urbanístico, unha de asesor/a xurídico e outra de técnico/a superior de xestión. Non houbo denegacións.

Polo que respecta á flexibilidade, esta segue cos seus pequenos aumentos de ao redor do 1% mensual. En canto ás cifras globais, pasan xa de 1.000 as flexibilidades familiares fronte as máis de 7.500 das flexiblidades xerais. Segue sendo maior o aumento nos servizos periféricos, se ben proporcionalmente o número de persoas que flexibilizan nos servizos centrais é moitísimo maior, onde as persoas con réxime de flexibilidade horaria é case total.

Levamos xa un tempo de implantación destas modalidades de xornada horaria (alí onde poden implantarse) polo que, con relación á flexiblidade, non estaría de máis reformular cambios na ampliación horario de referencia (permintindo a flexibilidade os venres tarde ou a flexibilidade ata as 20.00 horas en todos os centros, por exemplo) ou na redución no horario obrigado de presenza ata as 14.00 horas. Pola súa banda, coas cifras diante, está claro que o teletraballo precisa unha reformulación para sacarlle toda a súa potencialidade e beneficios para o persoal traballador.

DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
29 FEBREIRO 2016

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
7.554 (+67)
2.914 (+31)
4.640 (+36)


Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
1.011 (+12)
401 (+5)
610 (+7)


TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
124 (+12)
95 (+12)
29


Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario