Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 23 de marzo de 2016

Oferta de Emprego Público Estatal para 2016 publicada no BOE

Publícase no BOE do 22 de marzo de 2016, a oferta de emprego público para o ano 2016; ademais, publícanse no mesmo boletín as Ofertas de Emprego Púbico da Policía Nacional e a Garda Civil, en ofertas independentes. Como no caso da Xunta destaca por ser a oferta máis grande nos últimos anos, coincidindo co cambio de ciclo político e a tan cacarexada "recuperación" que non chega a todo o mundo por igual.

Establece como novidade esta oferta de emprego público que as convocatorias incluirán unha previsión sobre a duración máxima de, polo menos, a fase de oposición do proceso selectivo, incluíndo que a celebración do primeiro exercicio da citada fase, terá que celebrarse nun prazo máximo de catro meses contados a partir da publicación da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado». Igualiño que na Xunta, non credes?

Destaca polo seu número a oferta da Administración xeral do Estado: 3.374 prazas para a quenda de acceso libre e 5.207 para a de promoción interna. Porén, nesta oferta tamén sae publicada as prazas doutras oposicións como as de Xustiza ou de persoal funcionario da Administración local con habilitación estatal.

Entre as prazas aprobadas cabe destacar os seguintes Corpos e/ou Escalas:


Libre Promo interna
Xestión Estado 180 135
Administrativo Estado 0 1000
Aux. Administrativos Estados 400 756
Axentes Facenda 165 200
Tec. Aux. Informática 150 55
Xestión Procesal 391 115
Tramitación procesal 797 235
Auxilio Xudicial 525 0
Secr. Inteventor Local 145 0

Ningún comentario:

Publicar un comentario