Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 18 de marzo de 2016

Concurso xeral: xa temos a baremación provisional! Outros concursos.

No DOG 18 de marzo publícase a resolución pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia. Non era sen tempo, despois de ter previsións incicias de que este concurso se resolvería a finais de ano e logo, as máis próximas falando de que sairía este baremo provisional en febreiro, finalmente, antes da semana santa, para poder ir procesionar tranquil@s... ou non.

Respecto da toma de posesión fálase de antes do verán pero a realidade é que dependerá do número e complexidade das reclamacións presentadas, algo que poderemos saber un par de semanas máis adiante (canto menos o número). En calquera caso, prevese quente a fase de reclamacións tendo en conta a polémica montada pola Administración cos seus "criterios innegociables" onde quere deixar fóra, por exemplo, a experiencia acreditada en postos base como mérito específico.

Esta información atópase á disposición das persoas interesadas no portal web da Xunta de Galicia, na epígrafe «Función Pública/Concursos/Consultas/». Hai duas ligazón para obter información: unha para ver a información xeral do concurso, e outra para ver a solicitude individual, para a que haberá que introducir o código da solicitude. Debido a alta demanda podedes atoparvos erros puntuais ou lentitude no acceso.

Reclamacións


As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Nun arquivo anexo titulado "INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O BAREMO", advirten que as reclamacións deben realizarse no formulario que figura na aplicación informática.

Sobre os cursos realizan tamén as seguintes advertencias:
  • No caso de que algún curso ou titulación non fora baremada, na fase de reclamación recoméndase achegar a documentación xustificativa do mérito. 
  • Para a acreditación de cursos será necesario presentar copia compulsada do diploma do curso ou certificado de asistencia. Non será válida ningunha certificación de incripción do curso noutro  rexistro ou base de datos de xestión de persoal 

Polémica no Comisión de Valoración


O mércores 16 de marzo xuntouse por primeira vez a comisión de valoración do concurso, prevista na base VIII da convocatoria e no artigo 12 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Unha vez xuntada a comisión, e deixando de lado os atrancos informáticos, a publicación da valoración provisional dos méritos era cuestión de días, os que tardase en publicarse a breve resolución no DOG.

Respecto do tratado na comisión de valoración, temos que dicir que as persoas representantes da Administración entregaron unha proposta de criterios innegociables. Foinos entregado como proposta, pero non aceptaron nin unha soa das propostas manifestadas polo representante nomeado pola CIG que fixo un voto particular á proposta.

En todas as negociacións das diferentes Relacións de Postos de Traballo, a CIG maniféstase en contra da existencia de méritos/requisitos de experiencia en particular por ser precisamente unha fonte de problemas na súa certificación. Pero se os meten, que apanden e os valoren. Porén, o que nos atopamos é que queren excluír a puntuación de méritos/requisitos específicos aos postos base, ainda que estean certificados e validados polos departamentos de persoal.

Esto vai producir, inevitabelmente unha nova ola de xudicializacións do concurso, se a comisión de valoración non atendese as reclamacións presentadas polas persoas afectadas. A asesoría xurídica da CIG está a disposición dos afiliados e afiliadas.

Outros concursos

Venres, 18 de marzo, haberá xuntanza para tratar o tema do concurso de traslados de persoal laboral do grupo IV e V. Nada do concurso permaente.

Ligazóns de interese:

Ningún comentario:

Publicar un comentario