Neste artigo vai o resumo da sentenza gañada pola CIG do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nº 14/2022, do 14/01/2022 en contra da privatización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na empresa TRAGSATEC, o fallo non xera dúbidas e deixa moi claro que para a elaboración de informes técnicos previos ás autorizacións en materia de patrimonio cultural, e a Consellería de Cultura ten a obriga de facelo con persoal funcionario propio.
Fuxir do que di esta sentenza ou bordeala pode, dende o noso punto de vista, supoñer unha prevaricación administrativa. A Asesoría Xurídica da CIG xa está estudar accións penais contra o persoal funcionario que incumpra a sentenza, así como contra os/as seus/súas xefes/as políticos/as do PP, que no seu ADN están as privatizacións para presuntamente coller mordidas ou pago de favores a empresas privadas.
Non quero adiantar máis porque a Sentenza 14/2022 que vai de seguido di claro, conciso e negro sobre branco o que pasa con estas privatizacións en TRAGSATEC, e non conformes con iso, a Consellaría de Cultura está pensando facer novas encomendas nesta empresa, bordeando a lei, e a CIG ten claro que imos aplican o punto anterior a todo o persoal funcionario e políticos/as que estén implicados/as nisto. Vai de seguido un resumo da sentenza:
1. Resumo da sentenza (TSX de Galicia, Sentenza 14/2022, 14-01-2022)
O
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima o recurso interposto
pola CIG e declara nula a encomenda de xestión realizada pola
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a TRAGSATEC para a
elaboración de informes técnicos previos ás autorizacións en
materia de patrimonio cultural.
A Sala considera que a encomenda
vulnera a Lei 40/2015, a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de
Galicia, a normativa de emprego público e a xurisprudencia do
Tribunal Supremo, ao entender que:
• A
Administración si dispoñía de medios propios suficientes (persoal
funcionario e interino).
• TRAGSATEC
non acreditou dispoñer de medios propios idóneos, recorrendo
maioritariamente a contratacións ad
hoc.
•
A actividade encomendada non é meramente material ou técnica, senón
que forma parte esencial da instrución do procedemento
administrativo e condiciona o exercicio de potestades
administrativas.
• Produciuse unha
externalización indebida de funcións reservadas ao persoal
funcionario, o que supón unha “fuxida do Dereito Administrativo”.
2.
Argumentos da sentenza para non poder externalizar os servizos
Estes
son os argumentos clave que aparecen expresamente na sentenza e que
fundamentan a imposibilidade de externalizar os servizos:


CIG
rexistrou esta mañá unha Proposición non de Lei para que o Parlamento
de Galiza inste á Xunta a dirixirse ao Goberno do Estado para que
presente de inmediato unha proposta lexislativa que estableza unha
cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público, de xeito
que os seus salarios se actualicen automaticamente cada ano en función
da suba do IPC real. Unha suba que debe ser independente e
complementaria dos incrementos salariais que poidan acordarse no ámbito
da negociación colectiva xeral.
O
Goberno ven de aprobar a suba salarial adicional do 0,5% confirmando a
perda do poder adquisitivo do persoal empregado público . Esta miseria é
froito do pacto salarial de CCOO e UGT, e agora pretenden de novo
vender como un éxito o que foi un “pacto de perdas”

Boletín do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG. Neste número:
