Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 20 de abril de 2015

Datos de flexibilidade e teletraballo na Xunta a 31 de marzo de 2015

 Acheganos a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa os datos mensuais acumulados da flexibilidade e teletraballo na Xunta de Galiza a data de 28 de febreiro.

Respecto ao mes pasado seguen repuntando as flexibilidades automáticas aprobadas que pasan de 47 a 84, ao igual que nas flexibilidades familiares que pasan de 6 a 9. As únicas denegacións (4) producíronse na flexibilidade familiar nos servizos periféricos. Aínda así, os datos levan meses en fase estacionaria e con incrementos pequenos con relación á totalidade.

Con relación ao teletraballo, a súa implantación segue sendo totalmente anecdótica. Entre as 2 resolucións favorables do teletraballo, un mes máis ningunha para o persoal informático. Foron para 1 posto relacionado coa Asesoría Xurídica e outro de inspección (Traballo).

Unha vez visto o estancamento dos datos, é o momento de renegociar a orde da flexibilidade e teletraballo cos obxectivos de: 1) ampliar o horario de flexibilidade como mínimo aos venres pola tarde e reducir o horario de presenza obrigada de 9:00 h a 14:00 h, 2) redeseñar o teletraballo que actualmente é un fracaso ao chegar só a 53 persoas dun total de 2000 potenciais usuarios e 3) definir a potencial bolsa de horas positivas do mes anterior para o mes seguinte.



DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS. 31 MARZO 2015

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
6.734 (+84)
2.784 (+20)
3.950 (+64)

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
813 (+9)
331 (+4)
482 (+5)

TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
53 (+2)
43 (+2)
10

Ningún comentario:

Publicar un comentario