Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 20 de abril de 2015

Prazas elección destino definitivo biólogos/as e enxeñeiros/as técnicos/as industriais

Achega Función Pública as vacantes que pensan ofertar para os actos de elección de destino definitivo dos procesos selectivos de biólogos/as e enxeneiros/as técnicos/as industriais convocadas o 28 de xuño de 2013.
Seguindo o orde de remate destes procesos selectivos, primeiro escolleran as persoas aspirantes que superaron o proceso de libre acceso (oposición) e logo as que superaron o proceso de consolidación (concurso-oposición). 

Non facilitan tempos aproximados pero non se prevé ningún atraso na elección de destino e posterior toma de posesión máis aló do tempo ordinario que leve a tramitación administrativa e publicación das resolucións no DOG. Estimativamente podemos falar do mes de maio para o acto de elección de destino.


A postura da CIG é que deben ofertar todos os postos vacantes que pasaran por un concurso; todos, independentemente de que estean ou non ocupados. O que non pode ser é o que se leva feito durante estes anos de ofertar só os ocupados por persoal temporal e uns poucos vacantes máis, co obxecto de que logo as consellarías amorticen o resto de postos vacantes e, de paso, librarse de empregados/as públicos/as sen ter que despilos vía amortizacións en RPTs.




Ningún comentario:

Publicar un comentario