Avisamos o 30 de marzo, por se alguén tiña pensado vir a San Caetano a pedir
audiencia, que non perdera o tempo, que o Presi ía estar fóra de cobertura, de inauguracións, apreveitando que era a última semana que permite
a lei facer este tipo de pantomimas e aproveitando tamén o bo tempo.
En
concreto, tívemolo no tren do eixo atlántico, subiu na Coruña, baixou en
Santiago para inaugurar unhas futuras obras na estación e saudar ao seu
colega Agustín e volveu baixar na de Vigo para medio inaugurar a nova estación
de Urzaiz.
Posta da primeira pedra no 2001 e inauguración en 2015 (sen posta ao servizo público). É pra pedir desculpas, non para presumir. E é que cando fixeron a inauguraron, non anunciaron cando ía estar a disposición do resto dos mortais, algo que non será ata este sábado, 18 de abril. Aínda así, á estación de "Vigo(Urzaiz)" só chegarán os trens do eixo atlántico e aínda non se sabe cando farán a intermodal ca de autobuses. Se inauguran algo que polo menos se poida utilizar, non? Pero claro, é que remataba o prazo legal pra inaugurar...
Isto chámase inaugurar as inauguracións, como moi ben acertaron en chamar en Tempos Galegos:
Feijoo inaugura unha inauguración
Artigo e imaxe de Tempos Galegos, reproducido coa súa autorización.
A febre inauguradora do Partido Popular chega a extremos de que inaugurarán as inauguracións. Na placa pódese ler ‘Esta inauguración foi feita sendo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo’
Ao PP non lle saen as contas electorais e o seu comité de campaña lanzou unha campaña para parecer que o goberno fai cousas. Se nos pasados días podiamos ver a Feijoo e outros dirixentes do Partido Popular inaugurando as cousas máis variopintas coma un ascensor ou unha pedra de punto quilométrico agora o comité electoral popular considera que a actividade non é a suficiente e instou aos seus cargos a proceder a inaugurar as inauguracións.
‘Con esto pretendemos duplicar los actos. El día anterior inauguraremos el acto de inauguración y, al día siguiente, la conachada en cuestión’, explican fontes do comité de campaña dos populares galegos.’Si esto no es suficiente procederemos a inaugurar las invitaciones al evento de inauguración”, engaden.
O Consello da Xunta xa aprobou un crédito extraordinario para cintas, tesoiras e telas para cubrir cousas ao que habería que engadir a duplicación do crédito para placas inaugurativas ao figurar ao lado da placa inaugural outra placa na que figuren os persoeiros que inauguraron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario