O venres, 17 de abril, a TVG recollía, no telexornal serán, a información de que a CIG gañara as eleccións entre o persoal funcionario da Xunta de Galiza. A nova limitouse a recoller en 20 segundos os resultados por Xunta de Persoal mentres saía de fondo varias oficinas da Xunta. Con todo, aínda estamos a fregar os ollos e tivemos que consultar na videoteca para asegurarnos que fóra o o telexornal e non unha brincadeira da Casa da Conexa no Luar.
Ver hoxe en día unha nova da CIG na TVG é como ver pasar o cometa Halley. Unha pena que non aproveitaran o paso do cometa para recoller algunha das multiples denuncias que temos feito con relación ao dispendio público, á corrupción ou á integración.
A nova pódese ver nos 20 segundos que van desde o minutos 23:40 ao 24:00 na seguinte ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario