Isto é seguramente o que lles gustaría que pensárades a algunhas persoas pero a hemeroteca demostra que a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais fixo moitas cousas durante estes últimos 4 anos. A pesar de que a lexislación mérmalle moito as súas capacidades, dado que as consultas e informes da Xunta de Persoal non son vinculantes para o que decida facer a Administración. Porén, é unha ferramenta manual e alguén ten que traballar con ela pois non se move soa. Desde a Presidencia, a CIG impulsamos todas as súas capacidades, presentamos a maioría de propostas e tentamos facer da Xunta de Persoal un punto de encontro das diferentes sensibilidades que existen en todo o persoal funcionario.
Haberá compañeiras e compañeiros que pensen que non serve para nada porque non se conqueriron grandes logros pero desde logo, ninguén pode negar que se fixeron nestes 4 duros anos moitas cousas e do máis variado. O persoal funcionario, nomeadamente o dos Servizos Centrais volvemos a estar na palestra: primeiro para mal (como espantallo que recibía todos os golpes dos recortes) pero despois xa como mostra de dignidade na que defendimos non só os nosos dereitos, senón a importancia do noso traballo. Desde os Servizos Centrais respondimos con rapidez e axilidade e, moitas veces, encabezamos as respostas do persoal das Administracións aos recortes pero tamén encabezamos as propostas de melloras.
Como non cabe todo o que se fixo nunha folla de Boletín, van ligazóns a todas as notas publicadas no que se recompila os resumos dos Plenos, das asembleas, concentracións, recollidas de sinaturas, pronunciamentos, propostas, campañas, escritos presentados, notas de prensa, denuncias, entrevistas cos grupos parlamentares e ata co Valedor. Obviamente tamén fixemos moita acción sindical a través da CIG, dentro e fóra do noso centro de traballo, que tamén puidéstedes seguir polo que víchedes en vivo e en directo ou en diferido, nos nosos correos, Boletíns, CIG-Informa e en menor medida pola prensa... Pero agora queremos centrarnos na Xunta de Persoal cuxas delegadas e delegados, esas persoas que temos máis próximas, son as que nos representarán ao persoal funcionario a partir do vindeiro 16 de abril.
Queremos unha Xunta de Persoal forte porque queremos un persoal funcionario forte. Para iso precisamos moita participación e, desde a modestia do traballo feito que nos avala estes 4 anos, precisamos moita presenza da CIG.
Recompilación do traballo feito desde a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais
Comunicado da Xunta de Persoal e
Comité de Empresa de SSCC: concentración San Caetano 16 de febreiro
Comunicado da Xunta de Persoal de SSCC
ante os reiterados ataques ó colectivo de empregados públicos
Ningún comentario:
Publicar un comentario