Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 17 de abril de 2015

Extraordinaria manifestación laranxa do persoal dos centros de Benestar reivindicando o artigo 19 do convenio (vídeo)


O martes, 14 de abril, tivo lugar a manifestación convocada polo Comité Intercentros do Persoal Laboral, apoiada polos catro Comités Provinciais de Traballo e Benestar e secundada por centenares de traballadoras e traballadores a quendas reivindicadando que a Xunta de Galiza devolva o artigo 19 do Convenio que ten suspendido dende o 2012, xunto con outros artigos máis.
Lembremos o famoso artigo 19 do V Convenio do Persoal Laboral da Xunta, artigo que a Xunta tennolo secuestrado desde o 2012:


a) Descanso adicional en tempo do 75% por traballar en domingos e festivos.
b) Traballar un domingo inhabilita para traballar o seguinte.
c) Traballar un festivo inhabilita para traballar o seguinte.
d) Descanso semanal de dous días ininterrompidos -agora día e medio-
e) Non traballar máis da metade dos domingos.
f) Non traballar máis da metade dos festivos. 

Dende o 2012 a Consellería de Traballo e Benestar  destruiu uns 500 postos de traballo contratados por "Acumulación de Tarefas" que non constan na Relación de Postos de Traballo (RPT), e destrueu outros 500 postos de traballo que sí constaban na RPT.

A carga de traballo deses 1000 postos son desempeñados agora polo persoal non despedido que fai o traballo que facía máis o traballo dos despedidos.

Para iso a Consellería de Traballo e Benestar impuxo uns TURNOS MACHACADORES de traballar dous fins de semana sí, un non, dous sí, un non.....sete días consecutivos....tres noites consecutivas...... traballo agotador; imposibilidade de conciliar a vida laboral, familiar e social; deterioro da saúde física e anímica. 

Esta Consellería impuxo unhas CONDICIÓNS INHUMANAS DE TRABALLO que hoxe foron rexeitadas por centenares de traballadoras e traballadores a turnos, dun xeito vivo, fresco, colorista, combativo, esixindo que a Xunta de Galicia devolva aos seus Centros a humanidade que deben ter.

Ningún comentario:

Publicar un comentario