Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 17 de abril de 2015

A CIG gaña as eleccións en todas as mesas dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza: Grazas

Nas eleccións do 16 de abril, para elixir a representación do persoal funcionario na Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, a CIG sube de 10 a 11 delegados/as e consolida a súa maioría histórica neste centro de traballo



GRAZAS A TODAS E TODOS POLO VOSO APOIO

Nun entorno onde a Xunta de Persoal, logo dos recortes e amortizacións de prazas sufridas durante estes catro anos, baixou de 3.000 funcionarios/as e, polo tanto, baixou tamén de 27 a 25 representantes. Porén, a CIG foi capaz de aumentar o seu número de delegados/as e subir en votos, duplicando á segunda candidatura máis votada.

Os resultados globais foron os seguintes:

CIG - 485 votos - 11 delegadas/os

CSIF - 241 votos - 5 delegadas/os

CCOO - 232 votos - 5 delegadas/os

UXT - 176 votos - 4 delegadas/os

Votos en blanco, 42 e nulos 17.

En primeiro lugar, a CIG nos Servizos Centrais valora de xeito moi favorable o respaldo que o persoal funcionario deu ao traballo desenvolvido dende a Presidencia da Xunta de Persoal durante estes catro anos e, tamén, sobre as propostas que trasladou ao persoal durante esta campaña eleitoral. Agora cumpre traballar e ser consecuentes sobre o que se di e actuar. Temos un traballo moi duro por diante pero cremos que poderemos estar á altura das circunstancias porque temos o voso apoio, porque non imos vender ningunha moto; imos ofrecer esforzo e ilusión, e en base a iso imos seguir traballando coa vosa colaboración.

Dende logo, a defensa da figura do persoal funcionario, da súa independencia e da garantía que este ten que siginificar para ter uns Servizos Públicos con clara vocación de servizo á cidadanía, vai ser a nosa premisa principal a defender no noso traballo durante os vindeiros catro anos. Evidentemente, traballaremos para todas e todos, para os que nos votaron e para os que non, como non pode ser doutro xeito.

Por último, todas as candidaturas temos que facer autocrítica na medida xusta xa que só votou o 40% do persoal funcionario, o cal non pode ser aceptable nun proceso democrático de eleccións representativas. Iso a pesar de que en certas mesas a participación superara o 50%. Desde a CIG seguiremos traballando para que a maioría do persoal funcionario participe e decida das cuestións que nos afectan a todo o colectivo.

RESULTADOS POR MESAS:


Resultados noutras Xuntas de Persoal

Ningún comentario:

Publicar un comentario