O martes 21 de abril, a CIG participou na xuntanza entre Consellería de Traballo e Benestar e os sindicatos para tratar a súa RPT (persoal funcionario e laboral), e dotación de postos para facilitar as compensacións por traballo en domingos e festivos.
A Secretaria Xeral manifesta que é necesaria esta modificación de RPT para a creación de postos de Benestar e para a adecuación dos postos de Persoal Funcionario. Engade que, aínda que presenta unha proposta, están dispostos a crear máis postos se de cara á Mesa Xeral dispuxese de máis orzamento.
A CIG manifesta que falta a memoria económica, anexos e taboas de equivalencias, polo que nos é moi difícil pronunciarnos sen a documentación completa. Presentaremos alegacións completas por escrito.

Persoal laboral e compensación por traballo en domingos e festivos
A CIG considera que a maiores dos pluses que propoñen adxudicar, é necesario harmonizar os existentes nas diferentes residencias do país, xa que a día de hoxe non existe unha diferencia entre residencias de asistidos e de válidos, polo que nos atopamos que nalgúns centros uns traballadores/as cobran un plus e outros non, facendo o mesmo traballo.
Incidimos que servizos como o RISGA ou a Dependencia non están a cobrar ou plus de Responsabilidade, e noutros servizos uns traballadores os cobran e outros non, polo que se lle debe pagar a todos/as.
A creación de prazas de fin de semana proposta non soluciona ningún dos problemas que existen a día de hoxe nos centros. Entendemos que todas as prazas teñen que ser de xornada completa.
Manifestamos que nas alegacións escritas faremos constar as necesidades que, dende a CIG, consideramos fan falla para a recuperación do artigo 19, é dicir, para a recuperación dos descansos e das compensacións.
Pidese aclaración sobre as prazas da RM do Carballiño e as que se desprazan. A Administración resposta que na RM do Carballiño existen 3 prazas sen cubrir e a súa distribución vai a ser: 1 queda no Carballiño, 1 para Os Milagres, 1 para Castro Caldelas, polo que en Ourense crearíanse 5 prazas + 1 de Carballiño e nas outras dúas non se crearía ningunha. Manifestamos que o que está a pasar no Carballiño e noutros sitios do País (creación de prazas que non son cubertas dende o ano 2012, prazas que están vacantes e non se cubren, adscripcións que non se cobren), xa o denunciamos dende a CIG en innumerábeis ocasións, polo que non sabemos si a Administración vai facer o mesmo, e dicir, crear prazas para non cubrilas.
Manifestamos que de nada vale a creación de prazas, nos números que nos presentan, si non se cambian as instrucións e non diminúe o número de presenzas no Centro de Traballo, xa que moitas veces hai máis persoal o fin de semana que pola semana.
Esiximos que se modifique o criterio de elaboración de carteleiras ao dotar de persoal aos centros e que se elimine a obrigatoriedade de facer un mínimo de 1665 horas, xa que o convenio marca como máximo e non mínimo como ocorre hoxe en día.
Preguntamos si se vai continuar a negociación coa Dirección de Función Pública, de cara a reestablecer os artigos do convenio que están en suspenso.
A Administración manifesta que:

- As negociacións coa Dirección X. da Función Pública continúa, que esta xuntanza é so para a creación de prazas.
- Insisten en que si conseguen máis diñeiro crearán máis prazas.
- Manifestan que tan pronto se aprobe a RPT empezarase a negociar as carteleiras para adecualas e buscar dar máis descansos (a CIG insiste en que se teñen que cambiar as instrucións de elaboración de carteleiras e estas instrucións teñen que negocialas cos sindicatos).
- Aseguran que se van a cubrir todos os postos que están vacantes e todas as prazas que se creen a través da modificación desta RPT.
Os sindicatos temos ata o venres, 1 de maio, para presentar alegacións e a semana próxima teremos outra xuntanza.
RPT de persoal funcionario
Na memoria funcional hai referencia a que os postos de director/a de oficina de emprego volverán a ser de concurso en cumprimento dunha sentenza. Porén, non vemos na documentación nada que concrete a proposta.
A varias xefaturas de sección engádenlles méritos específicos: licenciatura en dereito ou experiencia. Non vemos xustificación na súa proposta. Queremos que retiren eses méritos e que utilicen a EGAP para formar ao persoal.
Hai algún cambio co que estamos conformes: retiran titulación específica a un posto base A1; incorporan o específico de condución a un subalterno (conformes se efectivamente realiza esas tarefas); abren algún posto a outros grupos por retirarlle titulación específica; un posto pasa de ser xeral/docente a só xeral
Non estamos conformes con que a xefatura de sección de administración e habilitación de Vigo pase de concurso a concurso específico.
Pero o máis grave refírese, para variar, ao apartado de amortizacións: destrúen 22 postos, mais outros 2 (xefaturas de servizo) por adaptación a estructura. Din que todas as amortizacións están vacantes, agás un posto base C1. Non dan explicacións das destruccións, senón unha simple referencia xenérica a que buscan dotar unha estructura suficiente de persoal, e adaptación as previsións orzamentarias. Insistimos en que falta a memoria económica que xustifiquen estas amortizacións.
En canto ás creacións, serán 15 postos, todos eles xefaturas de sección ou negociado. Entre os postos creados destacamos:

- Sección de fundacións e coordinación de centros (secretaria xeral técnica): con tres diferentes méritos (dous de experiencia e un de titulación). Praza ad hoc..
- Sección xurídica (secretaria xeral técnica): licenciado en dereito (non especifica se mérito ou requisito).
- Sección contratación administrativa (Vigo): mérito en licenciatura en dereito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario