Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 13 de abril de 2015

Haberá novoS concursoS de traslados no 2015 di o conselleiro de Facenda

Finalmente, Valeriano Martínez referiuse ás melloras na Función Pública. En concreto, fixo mención á nova Lei de Emprego Público –en tramitación parlamentaria- e avanzou que neste 2015 convocaranse novos concursos de traslados para os empregados da Xunta.

O anterior forma parte dunha nota de prensa da Xunta respecto a presenteación no Parlamento do Plan Estratéxico de Galiza para o período 2015-2020. Referido ás cuestións da Dirección Xeral da Función Pública, o patiño feo da consellaría, só lle adica ao final un parágrafo con dous temas: a inminente aprobación da lei de Emprego Público e os concursos que se convocarán neste 2015.

Iso é todo o que hai de "novidade" na Función Púlblica nos vindeiros anos... Onde está a recuperación dos dereitos suprimidos acompañando a "recuperación económica"? A retirada da lei de medidas "temporal"? A implantación dos concrusos permanentes? As convocatorias pendentes de promoción interna? A solución da problemática das asistencias técnicas e das integracións?

Si, líchedes ben, falou o conselleiro de "concursos" e iso a pesar de que o director xeral da Función Pública na última Mesa Xeral só falou de "concurso"; do concurso de corpos xerais de persoal funcionario que se convocaría este ano. De momento temos un borrador de bases, un prazo finalizado para presentar alegacións e estamos agardando unha data de reunión para debatilas e, sobre todo, as prazas vacantes que pensan ofertar.

E que pasa co resto de concursos? Resulta que o director xeral di que non ten datas para ofrecernos, pero o conselleiro si, fala en plural, logo no 2015 pensarán sacar algún concurso de traslados máis. Precisamente, se implantaran os concursos permanentes, acabaríase con este baile de datas e falsas promessas e faríase dos cambios de posto, non só algo máis natural, senón tamén máis obxectivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario