Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 20 de abril de 2015

Ante a nula vontade negociadora da Xunta, o persoal de Traballo e Benestar mobilízase (modificación RPT)

Traballo e Benestar é un claro exemplo da nula vontade negociadora da Xunta, de feito, as compañeiras e compañeiros que traballan a quendas nos centros de Benestar desta consellaría tiveron que chegar ao Tribunal Supremo, que lles deu a razón.

No enésimo capítulo da prepotencia impositiva da Conselleira, Betriz Mato, o venres 17 de abril recibimos o seguinte correo:

Dende a subdirección xeral de Persoal da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, convocamos aos representantes desa organización sindical a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro martes, día 21 de abril de 2015, as 12:00 H.  na sala D do edificio administrativo San Caetano para tratar o seguinte: 
- Proposta de modificación da relación de postos de traballo desta Consellería (RPT)

Nesta modificación contemplan a creación dos postos que ofertaban na primeira das dúas propostas anteriores

Esto significa que a Xunta xa deu por rematada a negociación cun carpetazo demostrando que non tiña intención de negociar nada, so una apariencia de negociación. Esa xuntanza refirese a modificación da relación de postos de Traballo, pero non se tratan os problemas dos centros, nin a reposición dos dereitos expropiados aos traballadores e traballadoras, nin o artigo 19, nin a reposición do V CONVENIO na súa integridade.

FRONTE Á IMPOSICIÓN, MOBILIZACION!

Desde a CIG convocamos a tod@s os traballador@s a que o martes, 21 de abril, de 12 a 12:30h nas portas dos centros para amosar o noso malestar por una maneira de actuar tan insensible cos traballador@s e cos problemas dos centros, e para reclamar a...

REPOSICIÓN DO ARTIGO 19 XA!!!!

Modificación RPT


Na xuntanza do 21 de abril coa consellería de Traballo e Benestar, a maiores de tratar o relativo á creación de postos de persoal laboral en centros de benestar, a consellería fai unha unha proposta de modificación da relación de postos de traballo de persoal funcionario.

Traballo crea 15 postos de persoal funcionario, todos eles xefaturas de sección e negociado, pero destrúe 24 postos, dous deles xefaturas de servizo por adaptación da estrutura, e os outros 22 maioritariamente postos base de diversos grupos. Por se non abondase, engaden méritos e requisitos a determinados postos, como algunha experiencia ou titulación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario