O TSXG impón ademais 1.500 € de costas á Xunta por incumprir flagrantemente a legalidade na cobertura dos postos públicos.
No Decreto de creación do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (DOG 10/01/2014), a Consellería de Presidencia aprobaba un sistema de provisión ilegal para a Dirección do centro. A pesar de que se trata de Administración xeral, este posto quedaba aberto a ser ocupado por persoas que non tiñan a condición de empregadas públicas. Ou sexa, traerse xente de fóra da Administración, sen ter aprobado unha oposición, algo que xa coñecemos coa figura do persoal directivo para certos entes como o caso das axencias. O problema é que este centro non é unha axencia.
E logo resulta que di Feijóo que "quere os mellores" e que para iso lle parece ben o modelo de promoción interna actual... pois carallo, para meter a unha persoa con nivel de xefatura de servizo e titulación superior directamente da rúa non se poñen tan exquisitos nin lle piden 60 e pico temas e tres probas prácticas ademais dunha fase de concurso de méritos obxectivos, que é o que se pide dunha promo interna do subgrupo A2 ao A1, tendo en conta ademais que neste caso houbo que chegar ao A2.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén dicir nunha sentenza que iso non pode ser, que o centro é Administración xeral e polo tanto o posto ten que ser cuberto por persoal funcionario con carácter xeral. Agora só falta que executen, que modiquen o Decreto, que cesen á persoa contratada ilegalmente e abran un novo proceso selectivo do posto para cubrilo como corresponde. Porén, sabendo como actúa a Xunta, seguirá escorrendo o vulto todo o que poida e seguirá a gastar os cartos de todas e todos en esgotar a vía xudicial ante o Tribunal Supremo.
Polo que, en definitiva, concluímos que neste aspecto debe estimarse o
recurso no sentido que non cabe que o posto de Directora do Centro de
recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero poida
ter unha vinculación laboral, senón que ha de ser exercicio por quen
teña a condición de funcionaria pública, ao que tamén abunda o feito de
que a Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da
Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, só
prevexa no seu Art. 60 a modalidade de contratación de persoal de alta
dirección para os entes instrumentales (organismos autónomos, axencias
públicas autonómicas, entidades públicas empresariais ou consorcios)
condición que non ten o Centro creado polo Decreto impugnado.
No mesmo recurso a CIG formulaba tamén que os niveis da escala de letrados non se podían establecer por decreto (máis ben nunha disposición adicional dun decreto de creación deste centro) pero neste caso non nos deron a razón. Non é que ao tribunal non lle estrañase o sistema senón porque non quedou probado un cambio nas condicións retributivas
Finalmente, polo que fai referencia á previsión dos complementos de
destinos do Corpo de Letrados da Xunta de Galicia, certamente non se
alcanza a entender a súa inclusión nun Decreto de creación dunha unidade
dependente da Secretaria de Igualdade, á marxe do aprovechamiento do
rango normativo e evitación dunha tramitación independente, pero o
sindicato recurrente non probou que a previsión implique un cambio nas
condicións retributivas que tivesen recoñecido con anterioridad, polo
afectando a modificación a un Decreto organizativo non acreditada a
repercusión imponse a desestimación deste motivo de impugnación.
Descargar sentenza
Antecedentes
Ningún comentario:
Publicar un comentario