Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 8 de xullo de 2015

Xuntanza coa Administración sobre cuestións de Servizos Comúns

O mércores, 8 de xullo, con relación a varios escritos remitidos pola Xunta de Persoal houbo unha reunión co subdirector xeral de Coordinación de Servizos Transversais para falar de cuestións que afectan ao Servizo de Prevenzón, ao Servizo Médico, ás prazas de aparcamento de San Caetano e outras cuestións de infraestruras de San Lázaro.


- Excomenzou por un tema que falamos co Servizo de Prevenzón sobre a Mútua e os accidentes "in itinire". Dixo que non lle parecía normal o que está pasando; e como contrata esa subdirección polo menos vaille exixir á mútua que cando denegué un accidente laboral o motive e non envie un panfleto que altere máis a victima.

- Sobre o servizo médico de San Lázaro dixo que so teñen ali un médico da entidade colaboradora "MUGRATA" que non ten autorización para facer recetas, e non comtemplan aumentar a plantilla, nen trasladar a niguén polo que os traballadores de San Lázaro van ter que seguir a vir a facer as receitas a San Caetano. Sobre instalar a receita electrónica e o programa IANUS dixo que xa o solicitou varias veces á Consellaría de Sanidade e sempre obtivo o silencio administrativo por resposta, aproveitou este derradeiro escrito da Xunta de Persoal para reiterar outro escrito e exixiu que lle deran unha resposta que él espera que sexa positiva.

- Sobre o aparcadoiro de San Lázaro que esta en mal estado, solicitaron varios orzamentos para asfaltalo, só recibiron resposta dunha empresa e están esperando máis respostas para coller o mellor orzamento e poder arranxalo. Respecto á garita de seguridade de Traballo o único que teñen a parte da nosa denuncia e o informe de seguridade que di que non hubo nunca ningunha incidencia nen nengún problema. De todos xeitos falaron cunha empresa de seguridade vial por si instalan un espello (valorarano) si hubera algún punto morto que non se vira ben.

- Respecto o aparcadoiro diante de Facenda, fóra do recinto de San Caetano, dixo que a Dirección Xeral de Interior non autoriza por motivos de seguridade, visivilidade e que é o punto de reunión da saida de emerxencia da consellaría de facenda (enteramonos agora e eso que somos delegados de prevenzón e traballadoras desa consellaría). Tamén engadiu que agora estamos en alerta catro antiterrorista yihadista e que os edificios públicos son obxetivos en esa alerta. Tamén engadiu que puntualmente autorizase aparcar sempre e cando se identifique a persoa condutora e o vehiculo por escrito e solicitando con anterioridade, supoño que o parque móvil de San Caetano.

- Comentouselle de dous contenedores de residuos orgánicos que apareceron abandoados entre o edificio de Sanidade e o enferruxado de Medio Ambiente, tomou nota e dixo que mandaria a alguen a levalos para o sitio, xa que por ali non pasa a recollida, en caso de que non se saiba donde estaban falarán co concello para que os recolla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario