Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 16 de xullo de 2015

Pompa e boato na xuntanza do Consello Reitor da EGAP pero pouca chicha

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2243/escola-galega-administracion-publica-leva-ofertadas-que-vai-ano-mais-500-actividades
Estes consellos están sempre presididos pola persoa titular da consellaría en materia de administracións públicas, Alfonso Rueda, para o caso, e non se perde un. De paso a Xunta quita unha nota de prensa con moitos datos estatítsticos, tres fotos e morra o conto. 

Polo medio e medio, as persoas representantes do sindicatos tentan recompilar as diferentes queixas ou denuncias sobre cuestións que non funcionan tan ben ou directamente funcionan mal pero sen moito afán por parte do Consello de cambiar demasiado. En fin, liturxia.

Velaquí o resumo do acontecido no ceremonial do pasado 14 de xullo:

1.- Ante os datos de grao de satisfacción declarados pola directora, a CIG reitera, unha vez máis, que en base aos datos facilitados non se pode extraer ningunha información válida de grao de satisfacción pois se descoñecen os datos de asistentes por cada curso (sábese o número de prazas), e facilitan o número de enquisas totais correspondente as 150 actividades de formación realizadas, pero non se sabe cantas enquisas son por curso e que número de asistentes estiveron en cada curso. Dicir que existe un grao de satisfacción dun 4,3 sobre 5 e un brindes ao sol cara a galería.

2.- Fíxoselle fincapé do escrito presentado pola CIG con relación ao “Curso de especialización sobre dereito de patentes”, salientando que no citado curso había 30 prazas para empregados públicos, que tiña un custo de 250 € e que se lle concedía un valor de 0,5 puntos a quen obtivese o certificado de aproveitamento. A CIG oponse rotundamente a que cursos impartidos para calquera tipo de persoal que sexa empregado público teñan custo para dito persoal e máis aínda que se poda valorar dalgún xeito para ningún tipo de promoción ou concurso.

3.- Preguntouse para que se nos explique dalgún xeito cal é ou será o sistema de selección para o diploma de persoal directivo, se teñen pensado algún tipo de itinerario para asegurar que os empregados públicos que teñan esa aspiración poidan optar a ser persoal directivo. E xa estando a falar deste persoal, propónselle que se apliquen neste grupo de traballadores/as que desexan este certificado, o mesmo baremo de esixibilidade que para os empregados públicos que se presentan as oposicións por promoción interna, en base ao que dixo Feijóo de seleccionar “aos mellores”, polo que lles propoñemos que o certificado de aproveitamento se consiga despois da realización de varios exames (teórico, suposto práctico e tema a desenvolver).

4.- En canto a problemática do acceso aos cursos de xefatura de sección e de xefatura de negociado debido as distintas denominacións nas RPTs de cada consellería, a CIG propón que se teña en conta a estes efectos a denominación do posto que aparece nos orzamentos de cada consellería pois neles so aparecen xefe de sección A, B ou C, e xefe de negociado A, B ou C, sen mais definicións.

5.- Descoñecemos o funcionamento da base de formadores e docentes dos cursos impartidos pola EGAP. En relación con este asunto, chegou á CIG a información de que para impartir o curso básico de arquivos de oficina, o docente foi escollido a dedo polo director do arquivo de Ourense. Diante disto, trasladouse a petición de que a base de formadores e docentes sexa unha listaxe pública con puntuación e cunha xestión clara e transparente.

Informóusenos tamén de que se vai facer unha cesión de espazo de 1/3 dos locais da EGAP para que se instale alí tanto o persoal da Secretaría Xeral para o Deporte que se atopa no Estadio de San Lázaro, así como o persoal da Dirección Xeral de Administración Local que se atopa na Praza Europa en Fontiñas (Área Central). Isto vai supoñer un recorte nas prestacións da EGAP a nivel de aulas e tamén a nivel de cursos, curiosamente cando segundo datos da propia EGAP este ano quedaron sen prazas, e polo tanto sen acceso a cursos, a metade dos solicitantes, é dicir unhas 16000 solicitudes.

6.-A CIG abstívose na aprobación das contas anuais, ademais de protestar e solicitar que se nos facilite con tempo a contabilidade da escola pois non é de recibo que se nos dean 140 follas de contabilidade un venres para poder falar delas o martes seguinte as 9:30.

7.- A CIG tamén expuxo a queixa que se presentou por rexistro o 29/4/2015 polo mal uso do noso idioma nos textos que se entregan ao persoal asistente, solicitando que se revise e se corrixa todo o material que se entrega ou se facilite vía asistencia ou por internet aos empregados públicos inscritos nos distintos cursos.s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario