Como xa adiantábamos, achéganos a Dirección Xeral de Función Pública unha proposta da adaptación da “Resolución do 12 de marzo do 2013 pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas á Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia”, co obxecto de presentar alegacións ata o luns, 6 de xullo.
Nesta adaptación modifícanse cuestións de vital importancia como o concepto de enfermidade grave (que queda taxado consonte ao RD 1148/2011), as vacacións anuais, o permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave (os sábados como inhábiles), permiso para concorrer a exames finais, permiso por lactación, o novo permiso para cumprimento de deberes de carácter público ou relacionados coa vida familiar, o permiso por asuntos persoais e a licenza por asuntos propios.
Recordamos que estas instrucións son de apliación indistinta ao persoal funcionario e máis ao persoal laboral da Xunta de Galiza ou que se atope adherido ao convenio.
Recordamos que estas instrucións son de apliación indistinta ao persoal funcionario e máis ao persoal laboral da Xunta de Galiza ou que se atope adherido ao convenio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario