No 2016 ao caer o 24 e 31 de decembro en sábado, haberá dous moscosos adicionais ao que marca a lexislación estatal básica (5). Descargar calendario
No Consello da Xunta do 2 de xullo aprobouse o calendario laboral para 2016 que será posteriormente publicado no DOG. Só restan a proclamación dos dous festivos locais que non se publican ata novembro.

En total son 14 festivos: 2 fixados polos concellos e 12 fixados polos Estado español, dos cales ata un máximo de 3 poden ser substituídos polas comunidades autónomas. O Consello da Xunta, un ano máis, non exerce o seu dereito de cambio e mantén como festivos no noso país.
Son de carácter obrigatorio e non substituíbles: 1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro; mentres que outros tres festivos poden ser substituídos polas comunidades autónomas. Galiza tradicionalmente non cambia estes tres festivos, xa que son o 6 de xaneiro, o Xoves Santo (todas as comunidades manteñen sempre estes dous festivos), e o 25 de xullo, que no noso país sempre se fixa xa que é o Día Nacional de Galiza.
Porén, ao coincidir dous festivos obrigatorios e non substituibles en domingo, óptase por facer os seguintes cambios:

- O 24 de xullo, venres (San Xoán). polo 25 de decembro, domingo (Día de Nadal)
- O 17 de maio, martes (Día das letras galegas) polo 1 de maio, domingo (Día do Traballo)
No 2016 haberá dous días moscosos adicionais
Consonte ás actuais instrucións de permisos, vacacións e licenzas, no seu punto 12º establecese que os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas públicas, agás os servizos de Rexistro Xeral e Información. Cando os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado, domingo ou día non laborable, terase dereito a dous días adicionais de asuntos persoais. Así mesmo, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá desfrutar de dous días adicionais de asuntos persoais.
Por outra banda, se ao non caer en sábado o ano que vén ningunha festividade laboral de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, non se incorporará ningún día adicional de asuntos persoais por este concepto.
Estas potenciais incorporacións foron feitas a raíz do contundente recorte nos moscosos (e canosos) e por reflexo das instrucións do persoal da Administración Xeral do Estado. Incialmente o persoal da Xunta tiña ata 9 días de asuntos propios ao ano pola lexislación autonómica e máis os días adicionais por antigüidade recoñecido polo EBEP. Tras a Lei de medidas autonómica e posteriormente estatal, estes permisos quedaron reducido a 3 días que posteriormente foron aumentados a 4 e 5 días respectivamente en sucesivos guiños electorais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario