Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 7 de xullo de 2015

Concurso de corpos xerais: fase de xustificación de méritos e requisitos

O venres, 3 de xullo, remataba o prazo de solicitude da fase de resultas e ao día seguinte, 4 de xullo, abríase os prazos referentes á xustificación da posesión de méritos e requisitos.

Prazos aos que debes prestar atención se participas neste concurso:

- Do 4 ao 24 de xullo: consulta do teu expediente electrónico, xeración do impreso de emenda ou do impreso de conformidade e presentación nos Servizos ou Áreas de Persoal.

- Do 4 de xullo ao 24 de setembro: presentación das certificacións ou dos impresos de conformidade, asinados e dirixidos á Dirección Xeral de Función Pública

As unidades de Persoal teñen do 4 de xullo ata o 18 de setembro para a xeración dos impresos de certificación e a súa entrega ás persoas concursantes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario