NOTA DE PRENSA DA XUNTA DE PERSOAL DOS SSCC DA XUNTA DE GALICIA
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta denuncia ante a fiscalía ao conselleiro de Facenda, ao director xeral de Función Pública e á presidenta do tribunal dunha oposición polas irregularidades cometidas que poderían ser constitutivas dos delitos de prevaricación e desobediencia.
Esta denuncia prodúcese con relación á repetición dun exercicio da oposición da Xunta de Inspección de Turismo convocada en 2001. Este exercicio repetiuse, 14 anos despois, o pasado 17 de xuño, por mandato dunha sentenza do Tribunal Supremo ante as graves irregularidades acaecidas no desenvolvemento do 4º exercicio.

Aínda que a sentenza é de 2009, non foi ata 2015 cando a Xunta a executa, unha execución rodeada de novas irregularidades e que a Administración autonómica se resistiu por máis de 5 anos a levar a cabo ata que houbo un apercibimento de imposición de multa coercitivas sobre a persoa do director da Función Pública. Finalmente, trala publicación do resultado do exame, o pasado 3 de xullo, comprobamos que non se executou nos termos que obrigaba a sentenza.
O de que non pensaban executar a sentenza nos termos obrigados pola Xustiza era un segredo a voces en San Caetano tal que un aspirante presentou un acta notarial uns días antes na que clavaba o número de aprobados (6) e máis a metade dos nomes das persoas que superarían ese cuarto exame (3).

Algunhas destas irregularidades foron: a cobertura de únicamente o 50% das prazas convocadas en contra do indicado pola sentenza, algo inédito na historia dos procesos selectivos da Administración autonómica, a coincidencia dos aprobados con persoas que prestan ou prestaron servizos no centro directivo competente en materia de Turismo ou a designación política do tribunal calificador da proba.
Para a semana, a Xunta de Persoal ten previsto acudir ao Parlamento para poñer o caso en coñecemento dos grupos parlamentares da oposición co obxecto de que esixan as responsabilidades políticas pertinentes, entre elas, consideramos que a dimisión do actual director xeral da Función Pública.
Todos estes acordos foron tomados por unanimidade no Pleno extraordinario da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza que tivo lugar o 9 de xullo dada a gravidade da situación e ante o requerimento de varios aspirantes deste proceso selectivo que pertencen aos servizos centrais e en cumprimento das súas funcións de velar polo cumprimento da legalidade vixente, máxime en cuestións de emprego público.
Tamén:
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/galiza/denuncian-ao-conselleiro-facenda-prevaricacion-na-repeticion-dunha-oposicion/20150710140032038986.html
http://www.europapress.es/galicia/noticia-denuncian-conselleiro-facenda-fiscalia-supuesta-prevaricacion-20150710175011.html
http://www.farodevigo.es/galicia/2015/07/11/junta-personal-denuncia-conselleiro-facenda/1276003.html
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2015/07/10/denuncian-conselleiro-facenda-fiscalia-supuesta/975135.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario