Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 18 de abril de 2016

Acordos do último Pleno da Xunta de Persoal de SSCC: recuperación paga extra 2013, novas medidas conciliación, trienios persoal interino...

No último pleno ordinario que se celebrou no órgano de representación do persoal funcionario que traballa nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza chegáronse aos varios acordos relacionados co seguintes temas: recuperación da paga extra 2013 e sentenzas xudiciais, novas medidas de conciliación da vida persoal, familar e laboral, trienios do persoal interino consonte as recomendacións do Valedor do Pobo, persoal de corpos xerais da ATRIGA, situación da Inspección de Servizos Sociais, desperfectos varios nas instalacións dos centros. 

En varios comentáronse as recentes sentenzas que poñen en dúbida a limpeza dos procesos selectivos da Xunta e os escritos envíados e recibidos desde o último Pleno, así como a escasa contestación e colaboración por parte dos distintos departamentos da Xunta.

Paga extra 2013

Apróbase facer unha nota pública na que se exise a devolución inmediata da parte da paga extra de 2013 que recoñece a Xustiza. Trátase de porlle fin a unha a dinámica de demandas xudicias nos diferentes xulgados e tribunais co obxecto de aforrar custos e recursos públicos á cidadanía galega en pleitos sen sentido contra seu propio persoal. Apróbase por unanimidade. A nota pública consegue certa repercusión nos medios. Accede á nota.


Novas medias de conciliación da vida familiar e laboral

Son varias as achegas feitas polo persoal funcionario dos Servizos Centrais neste eido, básicamente en tres eixos: modificar a actual orde de flexibilidade para ampliar as súas posibilidades (poder traballar venres pola tarde, ampliar o horario de referencia, ter bolsa de horas positivas para o mes seguinte...), aplicar na súa totalidade a resolución de 25 de novembro de 2015 que ten o persoal da Administración Xeral do Estado e dárlle un toque a determinados servizos de persoal que poñen límites á flexibilidade familiar alí onde a resolución non o fai. Apróbase elevar estas propostas aos órganos correspondentes da Administración.  Accede á información detallada.


Escrito trienios persoal interino

A base deste escrito é unha recomendación do Valedor do Pobo de revisar de oficio as reclamacións de trienios sentenciadas negativamente e que se abonen os trienios efectivamente devengados e non pagados a aqueles empregados e empregadas que tivesen presentado reclamación sobre o pagamento deste concepto retributivo. Ista recomendación finalmente foi aplicada pola Consellaría de Educación ao persoal funcionario interino docente pero curiosamente a Xunta non llo aplicou ao persoal funcionario interino de Administración xeral, que aínda que menos en número tamén o hai afectado. Trátase esta dunha discriminación que ten que ser solucionada e así se acorda solicitalo á Consellaría de Facenda. Accede á información detallada.


Persoal de corpos xerais de ATRIGA 

Un grupo de  traballadoras e traballadores da ATRIGA dirixen escrito a esta Xunta de Persoal e se lles invita a comparecer a dous representantes. Expoñen a problemática da situación do persoal de corpos xerais nesta Axencia. Falárase nesta axencia de rescatar os servizos públicos de recadación que están en mans dos  Rexistros da Propiedade, tamén de crear novos postos, dunha novas escala C1.... e de todo eso nada, nin sequera se cubren os postos vacantes, e redunda nun exceso de traballo para o persoal de corpos xerais que termina facendo labor de seccións de escala de finanzas que non se cubre, non chaman das listas e logo as oportunidades de promoción deste persoal na axencia son escasas pois os postos de nivel está pechados a finanzas. 

Acórdase pedir xuntanza coa responsable da ATRIGA para comentar toda esta problemática e tratar de dar unha solución.


Situación da Inspección de Servizos

Preséntase un relatorio dos diferentes problemas neste servizo que afectan ao persoal e que coas novas persoas responsables da consellaría desde a Xunta de Persoal se solicitou unha nova reunión para abordar estes temas que seguen sen solucionarse (riscos psicosociais, problemas de organización e reparto do traballo, actas de inspección que se agochan en caixóns...) Isto foi o 19 de novembro e non queren recibirnos.

Acórdase de reunión previa da Comsión da Xunta de Persoal correspondente e denunciar estas situacións de xeito contundente e acudir onde sexa preciso.


Deficiencias nos centros

Achéganse fotos de determinaddas deficiencias no edificio administrativo de San Lázaro principalmente relacionadas con pingueiras e humidades; propónse un escrito ás persoas responsables para que se amañe xa que leva moito tempo nun estado lamentable. Acórdase tamén aproveitar para mandar fotos e ampliar o escrito con deficiencias semellantes doutros centros; no Pleno achéganse cuestións concretas dos sotos de San Caetano e do edificio da ATRIGA no que ademais leva un ascensor parado durante meses.


Varios

Comentáronse as recentes sentenzas que poñen en dúbida a limpeza dos procesos selectivos da Xunta e os escritos envíados e recibidos desde o último Pleno, así como a escasa contestación e colaboración por parte dos distintos departamentos da Xunta. Queda pendente para unha próxima reunión.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario