Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

martes, 5 de abril de 2016

IRPF 2015: novo método de acceso ao borrador da renda para traballadores/as públicos/as da Xunta de Galiza

Aviso da Axencia Tributaria de Galiza para o persoal público da Xunta

Xa está dispoñible na Oficina Virtual do Empregado Público (OVEP) para os empregados e empregadas da Comunidade autónoma de Galicia a consulta do cadro 490 da Declaración da Renda 2014. A diferencia doutros anos, a Administración autonómica non ofrecerá o borrador da declaración da Renda, senón o procedemento de consulta telemática da casiña 490 da Renda 2014 a través dos seus servizos web.

Este procedemento de consulta permite obter o dato aos contribuíntes interesados, sen necesidade doutro tipo de acreditación, constituíndo, polo tanto, un beneficio para os empregados da Comunidade Autónoma, considerándose como tales, a estes efectos, os que o fosen ao longo do exercicio 2015 e manteñan a súa condición no momento de efectuar a consulta articulada polo presente sistema.

Como se pode acceder á consulta?

É preciso estar dado/a de alta como usuario/a rexistrado/a na Oficina Virtual do Empregado Público ou dispoñer de certificado dixital de persoa física recoñecido ou certificado de empregado público da Xunta de Galicia.

Algunhas consideracións do sistema de consulta


Cómpre ter en conta as seguintes implicacións deste sistema:

  • A consulta realízase mediante servizos web da Xunta de Galicia e da AEAT, polo que o acceso é directo dende o terminal usado polo empregado público ao servidor da AEAT. Isto significa que en ningún caso a Xunta de Galicia ten acceso aos datos e documentos facilitados pola AEAT ao empregado público.
  • O sistema de consulta é equivalente ao que puidera realizar o empregado público na sede electrónica da AEAT mediante un certificado dixital para obter o dato da Renda 2014. É dicir, non se require certificado de firma dixital e o acceso pode realizarse dende calquera terminal con conexión a internet con independencia de onde este situado (posto de traballo, fogar etc).
  • Co cadro 490 da Renda 2014 pódese obter a referencia que dá acceso ao Servizo de tramitación do borrador/declaración da Renda 2015 a través da web da AEAT. En consecuencia, por este sistema non se accede directamente ao Servizo de tramitación do borrador/declaración. A obtención da Referencia poderá realizarse mediante:
    • O cadro 490 da Renda 2014
    • Certificado electrónico
    • Cl@ve PIN
    A Referencia necesaria para confeccionar o borrador/declaración do IRPF 2015 envíaa a AEAT a través dunha mensaxe SMS ao número de teléfono móbil facilitado polo contribuínte.
  • O acceso ao Servizo de tramitación do borrador/declaración da Renda 2015 poderá efectuarse, calquera que sexa o seu resultado, a ingresar, a devolver ou negativo, a partir do día 6 de abril sempre que se realice por vía electrónica a través de internet. Se se efectúa por outra vía, o prazo empeza o día 10 de maio. Aínda non se fixo público o teléfono para solicitar cita previa. Nos anos anteriores era 901 22 33 44.
  • O cadro 490 da Renda 2014 é válido para o cónxuxe cando proceda de declaracións conxuntas. Non obstante, necesitarán dúas referencias para realizar a nova declaración conxunta. Para os non declarantes na Renda 2014 o valor do cadro 490 será 0 (cero).
    Finalmente, hai que destacar que a través deste servizo (OVEP) por parte do empregado público a AEAT devolverá un pdf (que non é o borrador) que conterá o cadro 490 mais as instrucións para acceder ao Servizo de tramitación do borrador/declaración da Renda 2015.

Ningún comentario:

Publicar un comentario