Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 15 de abril de 2016

Datas previstas para os primeiros exames de promoción eterna de corpos xerais e das escalas de Finanzas

Segundo información publicada pola Consellaría de Facenda, os primeiros exames dos procesos selectivos de promoción interna realizaranse entre os días 27 de maio 11 de xuño.

Dos procesos de acceso libre nada din, seguindo así coa tradición de informar pouco e mal e deixando en suspenso aos/as opositores/as destes procesos.

Xuntamos cadros elaborados sobre os datos que facilita Facenda:

PROMOCIÓN INTERNA CORPOS XERAIS
GRUPO DÍA LUGAR ADMITIDOS/AS PRAZAS
A1 Sábado, 4 de xuño Facultade de Dereito, COMPOSTELA 86 50
A2 Venres, 3 de xuño Facultade de Dereito, COMPOSTELA 457 40
C1 Venres, 27 de maio Recinto Feiral, SILLEDA 1.147 80
C2 Sábado, 28 de maio Facultade de Económicas, COMPOSTELA 322 150

PROCESO LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA ESCALAS DE FINANZAS
GRUPO DÍA LUGAR ADMITIDOS/AS LIBRE  PRAZAS LIBRE ADMITIDOS/AS PI PRAZAS PI
A1-ESCALA SUPERIOR DE FINANZAS Sábado, 11 de xuño Facultade de Económicas, COMPOSTELA 111 2 1 2
A2-ESCALA TÉCNICA DE FINANZAS Venres, 10 de xuño Facultade de Dereito, COMPOSTELA 438 6 2 5

Ningún comentario:

Publicar un comentario