Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 22 de abril de 2016

Concentración de repulsa fronte a tortura e asasinato do mozo sindicalilsta saharaui polo réxime marroquí

Comunicado da Delegación Saharaui para Galicia e Solidaridade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS)

Pola presente SOGAPS e a Delegación Saharaui en Galicia ten a ben convocar a todos os partidos políticos, sindicatos, organizacións sociais e cidadás a unha concentración en Compostela o vindeiro sábado día 23 ás 11 da mañá na Praza das Praterías (Compostela) en repulsa polo vil asasinato do mozo sindicalista saharaui Brahim Saika (Membro da Coordinadora de Desempregados Saharauis de Gulimin), en Agadir - Marrocos.

Arrestado polo goberno marroquí o día 1 de abril foi encarcerado en Buzacarem e torturado. Despois de 15 días en folga de fame, foi trasladado ao Hospital Hassan II de Agadir. Esposado sempre e sen permitir visitas nin da familia, faleceu vilmente polas torturas e abusos da policía do réxime marroquí.

A familia acosada día e noite pola policía e coa casa cercada e con insultos a súa nai Aicha. Presionada esta familia polo goberno marroquí para enterrar o cadáver sen posibilidade de facerlle unha autopsia en presencia de ningunha organización internacional e neutral, a familia solicita o apoio moral nestes intres tan duros e indignantes para que cesen a violación dos dereitos humanos nos territorios do Sáhara Occidental.

Por todo isto a nosa voz unida debe ser un clamor diante deste proceder inhumano no Sahara Occidental, o Goberno Español debe escoitarnos porque é de xustiza actuar pola paz e o cese definitivo da violencia no Sahara.

GRAZAS POLA VOSA SOLIDARIEDADE E APOIO A CAUSA SAHARAUI

Novas relacionadas:


Ningún comentario:

Publicar un comentario