Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 25 de abril de 2016

Seguimos coa previsión de toma de posesión do concurso antes do verán e exames das opos de acceso libre en xuño

Esta semana de atrás houbo unha Mesa Xeral e Comisión de Persoal onde foron un puñado de cuestións e na que se deu información varia que veu a ser a mesma que xa deu na última destas xuntanzas co director, a cousa repítese coma o allo, ou non avanza, depende como queirades velo.

Na Comisión de Persoal aprobouse o acordo para constituír a Comisión de Seguimento das Instrucións de permisos, vacacións e licenzas, da que vai ser xa inminente a súa primeira reunión tendo en conta os líos que xa están montados coas "X" do persoal que traballa a quendas ou os de algúns centros que van á súa bola e pretenden reinterpretar as propias instrucións para cubrir así as necesidades das vacantes, baixas e vacacións. 

Ao final esta Comisión terá forza vinculante na súa proposta sobre a Función Pública e parece ser que deixan levar asesor (aínda que o acordo non o diga). A única problemática é que non quede ben reflectido o tema das maiorías e como se toman os acordos.

Na Mesa Xeral levouse o enésimo protocolo de prevención do acoso laboral e unha modificación puntual do decreto de listas de substitución, ambos temas que levaban xa anos dando voltas polos caixóns e as mesas da Xunta. Máis información

En varios, podedes ver  as "outras cuestións da Función Pública" que ían no noso resumo de vai dúas semanas e sobre as que case non hai chicha nova. A saber:
  • Devolución parte paga extra 2013 (sentenzas xudiciais): comunican que aínda non teñen adoptada unha decisión...
  • Concurso de corpos xerais: seguen mantendo que a toma de posesión será "antes do verán" a pesar dos ruxe-ruxe que falaban de toma de posesión diferida para despois do verán.
  • Concurso de persoal laboral (grupos IV e V): din que seguen traballando nas bases e "a ver se poden mandalas no mes de maio"
  • Concurso CIXTEC: que está pendente....
  • Concurso permanente: nin o menciona.
  • Procesos selectivos acceso libre corpos xerais persoal funcionario (primeiros exames): seguen coa previsión de que serán en xuño; pode que a principios de maio dean un calendario de previsión de datas como o que deron para a promoción interna vai 2 semanas.
  • Procesos selectivos corpos especiais (tomas de posesión): seguen coa previsión de que neste mes e en maio seguirán con máis tomas de posesión.
  • Proceso selectivo Gardacostas: "en vindeiras semanas" remitirán o borrador das bases.
  • Proceso selectivo/comisión de seguimento persoal veterinario: "nos próximos días" mandarán o borrador; agora din que en maio convocarán a comisión de seguimento.
  • Proceso selectivo Bioloxía: aceptan a titulación de Ciencias do Mar para o acceso á escala. 
  • RPT AGADIC: que irá a unha vindeira Mesa Xeral xunto con outras RPTs que están en "negociación"; haberá xuntanza previa...
  • Informe Bombeiros/as Forestais, incremento niveis persoal Inspección Farmacéutica, adscrición por motivos de saúde e creación postos de segunda actividade: sen novidade...

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario