Segue atascada a constitución desta comisión de seguimento en dous aspectos: darlle máis peso a esta comisión de feito que teña auténtico valor vinculante a súa proposta interpretativa perante á Dirección Xeral da Función Pública, ou a posibilidade de acudir as organizacións sindicais con persoal asesor.
En calquera caso, tamén segue sendo canto menos curiosa a toma de decisións, onde non se destaca por ningún lado o funcionamento paritario. Nas comisións paritarias interpretativas dos convenios colectivos para que algo quede aprobado ten que haber maioría en cada unha das partes (a da empresa e a social); tal como está deseñada esta "comisión" basta coa maioría de toda a comisión que se entende simple, pois non se detalla nada.
Nesta comisión formarían parte a Dirección Xeral da Función Pública, a consellaría de Educación, a consellaría de Política Social e a consellaría de Medio Rural e logo as 4 organizacións sindicias presentes na Comisión de Persoal. Tamén se di que poderá formar parte un persoal funcionario por outra consellaría se se tratan problemáticas dela (non se aclara se tería voto ou non).
As instrucións publicáronse no DOG do 4 de marzo. Quizáis debera ser negociado en paralalo a estas porque o tempo segue pasando e os problemas seguen xurdindo sobre todo nos centros onde se traballa a quendas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario