Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 20 de abril de 2016

Probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas de diversas categorías do SPDCIF 2016

Durante os días 3 e 4 de maio de 2016, a Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ao persoal que traballa nos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais: de técnico/a superior de defensa contra incendios forestais, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, xefe/a de cuadrilla, condutor/a de motobomba, peón/oa condutor e peón/oa defensa contra incendios forestais (proba física) e ás categorías de vixilante fixo e vixilante móbil (proba de agudeza visual).

 - A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:
Data Letra Apelido
3 de maio de 2016                     A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K
4 de maio de 2016
         L-M-N-Ñ-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z
   
-Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:  
  • A Coruña: Pavillón Polideportivo “Monte Alto”; rúa Alcalde San Jurjo, s/n. A Coruña
  • Lugo: Pistas Deportivas “Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)”; rúa Filarmónica Lucense s/n. Lugo
  • Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n. Ourense
  • Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, nº 43. Pontevedra.
- Os aspirantes poderán consultar a partir do 20 de abril o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Conselleria do Medio Rural e do Mar, http://www.mediorural.xunta.gal (no apartado de AVISOS-FORESTAL)

-Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

-Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario