Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 19 de abril de 2016

Publicados no DOG a composición dos restantes tribunais de promoción interna de corpos xerais e das escalas de Finanzas

Tamén sae publicado no DOG do 19 de abril unha correción de erros no tribunal do A2 Finanzas.
Como dicíamos onte, faltaba por publicar a composición dos tribunais do A1, tanto de promoción interna de corpos xerais como da escala de Finanzas. Pois ben, no DOG do 19 de abril publícase a composición destes dous tribunais restantes:

Este proceso de promoción interna pode ser considerados xa un "gran reserva" tendo en conta que deriva dunha OPE acumulada desde 2009; o de Finanzas tampouco lle queda moi lonxe tendo en conta que a OPE é do 2012. As convocatorias xa suficientemente envellecidas foron accidentadas no caso do A1, logo de cambiar radicalmente os modelos de exame; tras varios cambios e meses de borradores saíron ao final iguais que ao principio cunha inútil previsión inicial do primeiro exercicio "non antes do 15 de novembro de 2015". E mirade onde estamos agora.

Por outra banda, con data de 12 de abril, menos de 2 meses antes dos exames, foron ao fin actualizados os últimos temarios da EGAP polo que respecta aos temas de desenvolver. Recordamos que as modificacións foron publicadas no DOG do 18 de novembro de 2015. De Finanzas xa nin sequera publicaron temarios, aínda que para o que valen, tendo en conta que non vinculan ao tribunal....


Ningún comentario:

Publicar un comentario