O xoves, 12 de decembro, tivo lugar un Pleno da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación da acta anterior.
2.- Traballo desenvolvido pola Comisión permanente
3.- Reclamación da xornada de 35 horas semanais (CIG)
4.- Análise da convocatoria do concurso de traslados (CIG)
5.- Solicitude de negociación na Mesa xeral dun Decreto de selección que estableza uns criterios comúns para as diferentes convocatorias de procesos selectivos. (CIG)
6.- Pronunciamento a favor do mantemento dos servizos públicos (Hospital de Verín). (CIG)
7.- Situación do edificio da DX de Pesca na rúa Valiño. (eivas en mobilidade). (CCOO)
8.- Reclamación de información das obras actuais no edificio de San Caetano. (CCOO)
9.- Varios
En primerio lugar, temos que lamentar a falta de asistencia ao pleno, onde de 25 delegadas e delegados, só participaron 14, coa seguinte contribución: 9/10 CIG, 2/6 SEPGA, 0/5 CSIF, 2/3 CCOO, 1/1 UGT. Asi mesmo, tamén temos que lamentar a falta de inciativa da achega de temas xa que, dos puntos tratados, 5 levounos a CIG (1 en varios) e 2 CCOO.
1.- Aprobación da acta anterior
Na reunión anterior modificárase e aprobárase o novo regulamento. A acta apróbase por unanimidade.
2.- Traballo desenvolvido pola Comisión permanente
O presidente informa do seguinte:
- tramitadas 50 solicitudes de informe de flexibilidade familiar informadas, que xa se están remitindo vía sede electrónica da Xunta, a espera de que Presidencia cree a Xunta de Persoal como órgano interno no Rexel.
- información sobre a cobertura irregular da xefatura de concursos e a resposta de Función Pública que aproveita un baleiro legal para cubrila sen cumprir os habituais requisitos. Ante a non recepción polo conselleiro (como superior xerárquico), acórdase nota de prensa e recurso inicial en vía administrativa (para obrigar a contestar por escrito).
- reunión de temas de infraestruturas en San Caetano (queixas recentes obras, falta de taboleiro vitural e integración do rexel)
3.- Reclamación da xornada de 35 horas semanais (CIG)
Ante a aparición nos medios que son xa 600.000 traballadores e traballadoras públicos de comunidades autónomas os que gozan das 35h semanais parécenos de recibo e en aras de evitar un novo agravio comparativo, que a Xunta o aplique ao seu persoal de Administración Xeral. Comunidades con peores datos de débeda e estabilidade orzamentaria teñen xa esta medida implantada. A Xunta escúdase en que aquí nunca o tivemos pero a loita sindical trátase deso, de mellorar. Cómpre recordar que o acordo de concertación de Galiza só recolle que "se estudará o das 35h" pero só para persoal con horarios especiais ou a quendas.
Vendo o persoal de Ensino que se está mobilizando polas 18 de docencia e homoxeneizarse cos seus colegas europeos parécenos como mínimo necesario por unha cuestión de dignidade comezar a engraxar a maquinaria mobilizadora cunha medida que achegue a proposta aos nosos representados e representadas e busque neles o seu apoio a través dunha recollida de sinaturas. O que se pide con este documento que logo se entregará por rexistro dirixido ao presidente da Mesa Xeral de negociación é que se negocie a aplicación desta medida a todo o persoal e que deixen de tratarnos como empregadas e empregados públicos de segundo fronte ás compañeiras e compañeiros doutras administracións públicas. Facemos extensible esta campaña ao resto de órganos de representación da Xunta de Galiza.
Apróbase cos votos a favor de CIG e SEPGA e a abstención de CCOO e UGT.
4.- Análise da convocatoria do concurso de traslados (CIG)
Ante a multitude de queixas relacionadas cos postos retirados sen motivación suficiente (depois de retiralos saen en comisión de servizo convocados!), a falta de incorporación de postos novos de RPTs xa aprobadas pero pedentes de publicación ou publicación posterior (RPT Cultura) ou a asignación das prazas específicas (libres designacións e habilitacións), acórdase por unaniminade delegar na permanente a elaboración dun escrito con forma de recurso administrativo que obrigue á Administración a contestarnos.
5.- Solicitude de negociación na Mesa xeral dun Decreto de selección que estableza uns criterios comúns para as diferentes convocatorias de procesos selectivos (CIG)
Ante a multitude de queixas relacionadas cos vaivéns dos recentes procesos selectivos respecto dos anteriores ou as diferenzas entre convocatorias do mesmo nivel de titulación a CIG propón o seguinte:
A ausencia dun Decreto de procesos selectivos que regulamente unhas normas comúns para os diferentes procesos selectivos na Administración xeral da Xunta fai que estes cambien substancialmente dunha a outra convocatoria do mesmo corpo ou escala (número de exercicios, tipo de exercicios, temario, número de preguntas, tempo, criterios de corrección, notas de corte, gardar ou non nota, etc.). Estas variacións crean unha inseguridade xurídica entre o persoal que prepara procesos selectivos da Xunta e entorpece o dereito á promoción profesional do seu persoal. A esta inseguridade únese o irregular das convocatorias e a falta de previsión do desenvolvemento dos exercicios ou os nomeamentos totalmente discrecionais dos tribunais.
A maiores esta falta de homoxeneidade entre convocatorias, únese tamen unha falta de homexeneidade nos procesos selectivos de acceso ao emprego público do mesmo subgrupo/grupo que xenera discriminación entre diferentes corpos e escalas para os que se esixe o mesmo nivel de titulación. Como mostra deste desatino, comparemos por exemplo as recentes convocatorias de corpos da mesma familia como auxiliar de clínica (C2) e enfermería (A2). Función Pública considera que como futuro persoal funcionario as persoas auxiliares de clínica teñen que ter, ao igual que as persoas enfermeiras coñecementos de dereito administrativo. Para auxiliares de clínica esíxelles o coñecemento dos títulosI, II, III, IV e V da lei 39/2015, cun total de126 artigos. No temario de enfermeiros/as esixen 33 artigos da mesma lei.
Como unha das materias negociais que o EBEP e a LEPG atribúen ás mesa xerais é fixar os criterios xerais en materia de acceso á Función Pública e nese marco, observamos que a Admininistración obra de xeito pendular no relativo a establecer a modelos e tipos de exame, número de probas, temario, e criterios de corrección e notas, é necesario e urxente que se fixen eses criterios a través do marco dun Decreto de procesos de selectivo para ser aplicados por igual a todos os procesos selectivos que se convoquen.
Acórdase por unanimidade delegar na Permanente a súa formulación concreta e a remisión ao resto de órganos de representación de persoal funcionario.
6.- Pronunciamento a favor do mantemento dos servizos públicos (Hospital de Verín) (CIG)
Aprobado o seguinte pronunciamento con 13 votos a favor e 1 abstención.
7.- Situación do edificio da DX de Pesca na rúa Valiño. (eivas en mobilidade).
CCOO expón que vai 1 ano que se fixo o informe de riscos e non se tomaron as medidas correctoras indicadas. Acórdase por unanimidade a denuncia á inspección social. Por outro lado o presidente informa que están tratando de averigüar en que quedou a proposta de sanción do Concello de Santiago por destinar este baixo a uso de oficina cando a 2/3 está como almacén. A CIG visitou en varias ocasións este local e xestionou as primeiras protestas con relación a falta de adecuación destas oficinas para traballos administrativos sen cumprir os mínimos de seguridade e saúde laboral.
8.- Reclamación de información das obras actuais no edificio de San Caetano.
CCOO pregunta polas recentes obras ao redor do edificio de San Caetano para instalar o alumeado da fachada (para estes gastos superflúos hai pasta...). A CIG informa que xa presentara queixa diante do órgano correspondente pois picaban ao lado das ventanas, sen aviso previo nin da duración das obras; ademais que o noso local e o resto de baixos próximos (incluído a sala do depósito de gasóleo) se asolagaron xa que picaron un cano de agua e crearan bastante destrozo, ademais de molestia. Acórdase tratalo nunha vindeira reunión con Servizos Transversais para que canto menos comuniquen con notas cando vai haber obras, durante cando e onde nos centros de traballo.
9.- Varios
A CIG expón unha cuestión da que tivo recente coñecemento pola apertura dunha nova oficina do plan "Retorno" de Emigración en San Lázaro (antigo edificio da Expo92). Este persoal (6) é todo contratado por listas, traballan sen a presenza dun coordinador próximo e baixo unhas condicións de saúde e seguridade laboral deplorables. Quéixanse tamén de que o coordinador lles denega sistemáticamente os permisos en base a un horario especial que non está establecido en ningures (non figuran en RPT) nin comunicaron nada a esta Xunta de Persoal. Ademais, comentase a falta de recursos e que pouco máis que inforan aos emigrantes retornados pero pouco máis. Hai outras oficinas en delegacións con 2 persoas. Acórdase unha visista nesta mesma seman.
Ningún comentario:
Publicar un comentario