Ou canto menos un par de borradores de convocatorias, as do C1 e C2:
- Borrador convocatoria C1: 195 prazas
- Borrador convocatoria C2: 52 prazas
Así a bote pronto hai unha disminución de temario, faise nun único exercicio a parte teórica e práctica, pero cambiase bastante a fase de concurso na puntuación, non se fala de gardar nota e non nos dan as contas coas prazas convocadas no C2, parecennos moi poucas. Por certo, tampouco hai saco de preguntas...
Despois do susto que meteron ao persoal publicando a promoción interna conxunta con libre, chegan agora os borradores da promoción interna separada para corpos xerais, como sempre, con cambios importantes. Non vaia a ser que se manteñan parecidos entre convocatorias e equivalentes co resto de procesos para grupos/subgrupos idénticos en canto exercicios, temarios, preguntas etc.
En fin, son só borradores, agardamos que cambien cousas, aínda que o ideal sería ter un decreto de procesos selectivos que establecera un marco que garantira a homoxeneidade de todos os procesos selectivos na Xunta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario