CCOO, UGT e a Xunta pactan as xubilacións parciais na privada e néganllas ao persoal da Xunta Ata 7.500 € de subvención ás empresas por cada contrato de remuda, pero para o persoal da Xunta onde non habería que subvencionar nada néganse. Recentemente asinaron estes sindicatos un acordo neste sentido na USC, aquí nada.
Por que CCOO, UGT e a Consellaría de Facenda negan ao persoal laboral o dereito á xubilación parcial anticipada e contrato de remuda, tal como está recollido no art. 215 da Lei Xeral da Seguridade Social e no art. 12.7 do Estatuto dos Traballdores? Por que se negan a estudar unha solución similar para o persoal funcionario? Porque neste caso ou es de Muface ou esquécete de xubilarte antes dos 65, 66 ou 67 anos...
Por que CCOO, UGT e a Consellaría de Facenda negan ao persoal laboral o dereito á xubilación parcial anticipada e contrato de remuda, tal como está recollido no art. 215 da Lei Xeral da Seguridade Social e no art. 12.7 do Estatuto dos Traballdores? Por que se negan a estudar unha solución similar para o persoal funcionario? Porque neste caso ou es de Muface ou esquécete de xubilarte antes dos 65, 66 ou 67 anos...
Por que CCOO e UGT, xuntamente coa CIG e a CSIF, asinaron un acordo coa Universidade de Santiago, onde a maiores de aplicar a Lei da seguridade social para este tipo de xubilacións tamén se lle recoñece un complemento de tres mensualidades?
A resposta a estes dous interrogantes témola no acordo de concertación do emprego público de Galiza asinado por CCOO, UGT e a Consellaría de Facenda.
O acordo de concertación deseña as liñas para a funcionarización do persoal laboral e introduce un articulado coaccionante xa que de non acceder ao mesmo non se percibiría o complemento de carreira profesional.
CCOO e UGT gabáronse unha e outra vez do marabilloso deste acordo aínda que sexa coa eliminación do concurso de traslados e da promoción interna do persoal laboral. Tamén, a pesares de que o complemento de carreira non sexa universal nin homoxéneo nas súas contías.
CCOO, UGT e Facenda, en aras de que todo o persoal laboral fixo se adhira á funcionarización, negan o dereito recoñecido na Lei Xeral da Seguridade para a xubilación parcial anticipada; polo tanto, impiden a libre elección do traballador entre o nomeamento de funcionario de carreira ou continuar como laboral e acceder á xubilación parcial anticipada coa necesaria celebración simultánea dun contrato de remuda
A non existencia na Universidade de Compostela dun acordo de concertación para o emprego si lles deu alas a CCOO e UGT para pactar o contrato de remuda e un premio de xubilación.
Como remate a este absurdo de negación de dereitos ao persoal laboral da Xunta, o día 10 de decembro, a Xunta de Galiza, a Patronal Galega e as OOSS, CCOO e UGT, asinaron un acordo de diálogo social, no que entre outros, introduce un apartado para subvencionar con ata 7.500 € ás pemes que contraten remudistas para potenciar á xubilación parcial anticipada tal como se recolle na Lei da Seguridade Social e no art. 12.7 do ET
Aos traballadores e traballadoras se lles defende, non se lles vende por un prato de lentellas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario