Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 12 de decembro de 2019

Calendario laboral 2020: moscoso adicional

https://drive.google.com/open?id=1k7y1eISR2L_t2EjQUs3dzQeAJ572gX8w
Xa dispoñible para descarga o noso calendario laboral 2020 na Xunta de Galiza (inclúe os festivos locais en Compostela).

A Xunta aprobou no DOG 12/07/2019 o calendario laboral do 2020, con datas festivas habituais como o Día Nacional de Galiza ou o San Xosé (19 de marzo), ás que este ano súmase o San Xoán (24 de xullo).

Posteriormente, no DOG 28/11/2019 publicáronse os festivos locais de toda Galiza para 2020. O martes de Entroido volve ser das máis elixidas para engadir aos festivos de carácter estatal ou autonómico. En Compostela, serán festivos o xoves, 21 de maio (Ascensión) e o 25 de febreiro (martes de Entroido), ao caer en domingo o San Roque (16 de agosto).

Por último, recordar que consonte á organización interna  (DOG 04/03/2016) os días 24 e 31 de decembro permanencerán pechadas as oficinas públicas da Xunta de Galiza salvo as de Rexistro e Información. Porén, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá gozar dun día adicional de asuntos particulares por cada día traballado. Ademais, en virtude da mesma norma,  ao cadrar o 15 de agosto en sábado engádese un día adicional de permiso por asuntos particulares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario