Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 11 de decembro de 2019

Xa está aquí, xa chegou: a promoción interna de corpos xerais (A1 e A2)

Se a comezos da semana pasada, remitía Función Pública os borradores do C2 e C1, remiten agora os do A1 e A2 cun prazo de 48h para facer alegacións (até o venres 13).

Borrador A1: 46 prazas
Borrador A2: 127 prazas

Como no anterior caso, hai unha diminución de temario (en termos absolutos) aínda que nestas convocatorias entra lexislación específica que non lle entra aos aspirantes de libre ou mesmo normas que por promoción interna entran en maior extensión (cuestión difícil de comprender). O desenvolvemento dos exercicios son 2 de tipo test para o A2 (teórico e práctico) e de tipo test (teórico-práctico) e outro de temas no A1. Porén, tampouco hai saco de preguntas...

Porén, hai cousas que seguen a cabrear ao persoal como o de non manter a nota de exames anteriores, a falta de nota de corte ou que na fase de concurso se conquira o máximo de antigüidade con 12,5 anos ou con 600h de formación co cal esta fase aínda  vai ter menos peso específico.

Tamén nos seguen a faltar prazas, pois as ofertas xa convocadas non xeraron toda a Promoción interna que deberan segundo a Lei de emprego.

En fin, son só borradores, agardamos que cambien cousas, aínda que o ideal sería ter un decreto de procesos selectivos que establecera un marco que garantira a homoxeneidade de todos os procesos selectivos na Xunta, amáis de continuidade nos criterios xerais das diferentes convocatorias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario