Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 6 de decembro de 2019

O DOG publica as listas provisionais de persoas admitidas na bolsa de emprego temporal da Xunta

https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/consulta-das-listas-decreto-37-2006
No DOG do 05/12/2019 publícase as listas de admitidos provisionais nas bolsas de emprego temporal da Administración galega. 

Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos; eso cando chaman, que cos recortes estas listsas tornáronse nun claro afán recadador xa que son case 18€ por anotarse en cada lista e as exclusións de pagamento non son totalmente sociais.  Por outra banda, moi criticable tamén na Xunta é o execeso de persoal temporal, sobre todo no ámbito do persoal laboral.


As listas provisionais poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia,  apartado de <Listas de contratación>; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia. As persoas interesadas que así o desexen disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación das listas no DOG para presentar reclamacións

Estas son as resolucións publicadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario