Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 17 de decembro de 2019

Promoción Interna Corpos Xerais. Borradores para Mesa Xeral

Función Pública enviounos os borradores das convocatorias de promoción interna a corpos xerais. Fixo por partes. Primeiro C1 e C2. Dias despois enviounos A1 e A2 con tan só dous días para alegar o que dificulta a difusión da información, a recepción das alegacións que nos achegan os compañeiros e compañeiras e o seu estudo en condicións adecuadas.

A CIG presentou as alegacións por escrito, pero o mesmo día que remataba o prazo para presentalas recibimos novos borradores dos catro grupos, con cambios importantes. 

Os borradores iniciais eran inaceptábeis (desaparecera o mérito de grao e traballo desenvolvido, e a antigüidade non había por onde collela). Os novos son algo mellores, pero continúan sendo malos segundo a CIG.

O martes 17 vamos discutir as convocatorias nunha xuntanza co director xeral de Función Pública, e o mércores 18 discutirémolo na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos. Estas son as liñas da CIG:
  • Queremos negociar criterios xerais e non seguir a dar bandazos dunha convocatoria á seguinte.
  • Que acumulen nestas convocatorias as prazas non cubertas na anterior promoción interna.
  • Rexeitamos que se impida a participación na promoción dende as escalas.
  • Que se conserve o aprobado da anterior convocatoria.
  • 3 ou 4 meses para o primeiro exercicio semella ser moi pouco tempo.
  • Queremos probas obxectivas, polo que rexeitamos o desenvolvemento de temas.
  • Non queremos volver ás antigas traducións na proba de galego: proba de galego tamén tipo test.
  • Se o máximo de antigüidade queda en 25 anos, a moita xente non se lle vai recoñecer moitos anos de servizos.
  • Mentres a Administración non acepte fixar criterios obxectivos para as comisións de servizos, rexeitamos que se valore o traballo desenvolvido nesa situación.
  • Incluír os cursos de formación de universidades, Servizo Público de Emprego, D.X. de Orientación ou escolas de idiomas.
  • Substituir temas por normas de dereito e revisar o programa.

Corpo
Total prazas
Reserva discapacidade
A1-Corpo superior
46
5
A2-Corpo de xestión
127
8
C1-Corpo administrativo (descargar borrador)
195
14
C2-Corpo auxiliar
52
4

Ningún comentario:

Publicar un comentario