Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 3 de decembro de 2019

Dispoñible a tramitación electrónica de xustificantes nas solicitudes de permisos, licenzas e vacacións a través de PortaX

http://ficheiros-intranet.xunta.gal/aplicacion/portax/RRHH-PLV-xustificantes-empregados.pdf
Despois de bastante tempo desde a posta en marcha da tramitación electrónica dos permisos, vacacións e licenzas, a Xunta vén de poñer en marcha a posibilidade de engadir electronicamente os xustificantes (de ser necesarios) dos permisos e licenzas a través do Portax.

Así o comunicou a Xunta a través da intranet para o persoal da Administración xeral nunha nota interna. Até o de agora, o persoal obrigado á tramitación dos permisos, vacacións e licenzas a través do Portax, aínda facendo a solicitude telemática, tiña posteriormente que entregar o xustificante en papel nos unidades de persoal (ou ultimamente vía correo electrónico para que estas os subisen ao sistema).

Botamos en falta algo máis de difusión sobre o tema, motivo polo que o colgamos aquí no blogue. Agardamos que sigan traballando na implantación da Administración dixital, tamén para uso interno do persoal público e no despegue definitivo do teletraballo, así como na concesión obxectiva deste, que debera figurar ao lado de cada posto na RPT.

Ligazóns de interese:

Guía rápida de uso para a tramitación electrónica de xustificantes (só dispoñible desde a intranet)


Ningún comentario:

Publicar un comentario