A Función Pública está a indixestar |
Así a bote
pronto vémoslle na cociña para estes vindeiros meses as seguintes viandas:
-
Desenvolvemento dos procesos de consolidación e estabilización da Adm. Xeral e algunhas escalas.
- Desenvolvemento dos procesos selectivos das escalas de política social.
-
Posta en marcha do Decreto de funcionarización e reforma das relacións de postos de traballo.
-
Avance na consecución da carreira profesional.
-
Resolución dos procesos de promoción interna.
-
Convocatoria da nova promoción interna.
-
Convocatoria dos procesos de consolidación es estabilización da adm. Especial.
-
Convocatoria do concurso da Adm. Especial.
-
Convocatoria do Concurso específico.
A maioría
dos temas sinalados son procesos con enorme atraso que coinciden
todos no 2020; por exemplo o concurso da Administración Especial ou o mesmo
concurso específico negociado a toda presa hai xa un ano.
Pero non vos
preocupedes que a cociña destes pratos parece que está asegurada,
pois Función Pública vai chamar a decenas de cociñeiros e cociñeiras dos
servizos de persoal de todas as consellerías para axilizar o follón.
Vivan as horas extras!!!. E iso que temos unhas listas de agarda preciosas para poder tirar delas, pero eso non mola, o que mola é ter a xente sete anos en comisión de servizos.
Se aínda nos vos chamaron non vos
preocupedes que igual vos toca ser membro dalgún Tribunal; xa sabedes que
Función Pública sempre fai a elección dos vogais por sorteo ((-:.
Xa vedes que a Función Pública, con enchente incluída está preparada, pero que non vaia a pasar que a cociña a privaticen como fixeron cos comedores escolares e nos cociñen os concursos e os procesos selectivos desde fóra...
Para tanta indixestión a CIG xa ten preparada un gran lote de manzanilla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario