Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 3 de setembro de 2020

Setembro: volta ás oficinas cheas, teletraballo no limbo e Barreiro polos Cantóns

Estamos a principios de setembro, a pandemia por desgraza non fai máis que aumentar (novas medidas onte no DOG para Compostela), para a semana que vén volta a meirande parte das traballadoras/es ás unidades e a xestión do señor Barreiro foi NULA neste tempo. Foi este un agosto como o de outros anos, como se non pasara nada, todos os temas quedaron aparcados...

Onde quedan aquelas reunións da Comisión de seguimento do protocolo? e a previsión de reunión do grupo de implantación do teletraballo? Desde xullo non se fixo nada máis e os gromos, contaxios ou confinamentos que xa están a suceder nas consellerías (Cultura, Traballo..) están sendo agochados e disimulados.
 
O famoso teletraballo que se ía artellar en base á lexislación estatal está igual que Barreiro, DESAPARECIDO; a única solución que se albisca é o salvese quen poida de cada consellería, que están a conceder a toda présa resolucións de teletraballo basadas na normativa antiga (2013), a única que seguimos a ter, e que dependen da boa vontade das unidades de persoal; de feito xa os están habilitando nalgúns sitios sen o informes de Avaliación e Función Pública para axilizar a tramitación e para evitar a curto prazo ter o 100% dos efectivos nas mesas o luns que vén.

Os buses comezan a vir cheos, as mascaras repartense nuns centros sí e noutros non, e as unidades de persoal están totalmente desnortadas esperando algo de Función Pública que non está nin se lle espera. De feito estamos a pensar que Barreiro é familiar de Ayuso porque a incompetencia ás veces é de xenética.

Ante o agravamento da situación, desde a CIG compartimos a preocupación das traballadoras e traballadores de Servizos Centrais e instamos á Administración a mover ficha, con Barreio ou sen el, e faremos o que faga falta dentro das medidas sanitarias actuais, dentro ou fóra dos xulgados, para que se retome de maneira inmediata tanto a comisión de seguimento do protocolo como a implantación e mellora do actual réxime de teletraballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario