A evolución da pandemia do Covid-19 na Galiza nos últimos días aconsella implantar medidas urxentes en relación coa presencialidade do persoal nos centros de traballo.
Ademais, ante o próximo comezo do curso escolar da ensinanza
obrigatoria, e posto que as actuacións previstas ante a aparición de
positivos nas aulas poden provocar o confinamento preventivo ou
corentena dos cativos/as (non positivos) e das súas familias, é
necesario desenvolver un permiso específico para poder proceder ao
coidado dos menores ou para realizar o confinamento familiar coas
garantías necesarias. Tamén é necesario un permiso similar no caso do peche de centros de día.
Desde a CIG solicitamos a convocatoria urxente da
Comisión de Seguimento do Protocolo para a reincorporación dos
empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención
Covid-19. De momento, sen resposta...
Ningún comentario:
Publicar un comentario