Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 7 de xaneiro de 2015

A flexibilidade laboral na Xunta "por se acaso" pero o teletraballo nin de broma

A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa remítenos os datos de flexiblidade e teletraballo a 31 decembro de 2014, con moi escasas variacións sobre os últimos achegados con efectos de 30 de novembro de 2014.

O 3 de xaneiro La Voz publicaba unha nova titulada "Flexibilidade laboral na Xunta pero só por se acaso" no que falaba de que eran 7.300 as persoas (das 17.000 que traballan na Xunta) as que se acolleron a este réxime de horario de traballo. Algo nos facía sospeitar que a remisión dos datos por parte da Xunta podía estar próxima.

Desta volta o enfoque é ben curioso porque tal e como comenta a nova parece que a/o xornalista estivo facendo preguntas por ata 3 servizos da Consellaría de Educación en San Caetano. Certo que non é unha variada e  ampla mostraxe pero consideramos unha lástima que non se lle dera á Voz por preguntar sobre como funciona a Administración autonómica, as súas carencias, no que pode e debe mellorar na prestación dos servizos públicos, os seus casos de corrupción... "por se acaso" lle interesa máis á cidadanía.

Volvendo ao tema dos datos puros e duros, no mes de decembro houbo 26 flexibilidades e ningunha denegación e 7 resolucións favorables de teletraballo por 2 denegatorias. A pesar deste aumento relativo importante no teletraballo (de 39 a 46) a realidade é que a súa implantación segue a ser anecdótica na Xunta, sendo nula entre o persoal informático ao que se lle denega sistematicamente.

Outro aspecto a destacar é sobre a continuidade na escasa motivación que segue operando nas denegacións do teletraballo así como a discriminación á hora de conceder a súa autorizacións.  Máis da metade dos postos con autorización positiva no pasado mes de decembro foron para persoal letrado ou que realiza funcións de asesoría xurdica. Aos dous postos aos que se denegou o teletraballo realizan tarefas de Titulado/a Superior Ambiental e Asistente Social.

Un caso paradigmático da burla que fai a Administración na motivación do teletraballo é o caso do posto de Titulado/ Superior Ambiental. A persoa que ocupaba ese posto tivo ata dúas resolucións denegatorias, a primeira por non ter o sistema de fichaxe Kronos e agora, que xa non é necesario fichar no teletraballo, vólvenllo denegar pero por se "requerir a presenza física no posto de traballo".

De novo, a clásica e breve muletilla que non entra para nada no fondo das funcións do posto en concreto nin na posibilidade real de compatibilizar algunha xornada a semana. Non hai que esquecer que o teletraballo pode ser revogado ou modificado en calquera momento, co cal por probar a implantación do teletraballo noutros postos diferentes aos habituais non crea ningún dano irreparable.


DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO  APROBADAS. 31 DECEMBRO 2014

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
6.578
2743
3835

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
796
325
471

TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
46
37
9



DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO  DENEGADAS. 31 DECEMBRO 2014.

Flexibilidade automática
DENEGADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
24
1
23

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
DENEGADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
3
0
3

TELETRABALLO
DENEGADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
51
23 (1)
28 (2)

(1)   Un dos postos relacionados como denegado foi posteriormente autorizado á interesada.

(2)  Un dos postos relacionado como denegado foi valorado en dúas ocasións, en ambas se denegou a solicitude, a primeira vez por non dispor de Kronos, e a segunda por requerir a presenza física no posto de traballo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario