A semana pasada facíamonos eco no noso Facebook e correos informativos da seguinte nova: "Pese aos esforzos, a cada xestor do Servizo Público de Emprego 'tocaránlle' 442 parados". Nesta nova falábase da contratación de 120 empregadas e empregados públicos interinos interino para reforzar o Servizo Público de Emprego con cargo a fondos da UE.
Con estes profesionais reforzaríase "un equipo de case 450 xestores que se reparten polas 55 oficinas de atención distribuídas por toda a comunidade, aos que se suma unha cifra máis modesta na Consellería de Traballo, os seus servizos centrais".
Na Consellaría de Traballo confirmáronnos o anterior e precisaron que se trata dun total de 131 contratacións (75 orientadores e 56 técnicos/as de emprego). Os chamamentos faranse a través das
listas de contratación que regula o Decreto 37/2006, concretamente das
listas do A2. Non indicaron nada de esixir unha titulación específica coma no caso do último chamamento para plans de orientación laboral.
O propio xornal criticaba sutilmente o pouco efecto que se ía conseguir con ista medida tan sequera para aliviar a sobresaturación do Servizo Público de Emprego. Cómpre recordar que estas contracións nacen duns programas postos en marcha con cartos da propia UE que tenta así dar unhas pinceladas aos inaceptables números de persoas desempregadas no noso país.
Con estes cartos no peto, o único que fixo Feijóo foi asegurar a foto e un clima de paz social cunha liturxia de "acordo" dentro do novo marco Diálogo Social entre a Xunta, CCOO, UGT e a patronal. A CIG rexeita estes acordos derivados deste falso Diálogo Social por inútiles e por supor un aval ás políticas de recortes do PP.
Alegrámonos pola xente que saía do paro con estes chamamentos e por toda aquela que se vexa beneficiada co seu traballo pero cremos que este plan temporal non vai solucionar os graves problemas estruturais do emprego no noso país.
Ningún comentario:
Publicar un comentario