Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 16 de xaneiro de 2015

Utilizan as tomas de posesión para destruír emprego público: caso Arquivos (subgrupo A2)

O pasado venres día 9 a Dirección Xeral da Función Pública trasladou para alegacións a proposta de prazas que se ofertarán para as tomas de posesión do novo persoal funcionario da escala de arquivos (grupo A2). A dita proposta contemplaba as seguintes prazas:

CENTRO-LOCALIDADE
Vacantes
Ofertan
Ocupadas interinamente
Arquivo de Galiza-Compostela
3
1
0
Arquivo do Reino- A Coruña
3
2
1
Arquivo Histórico Provincial-Lugo
1
1
1
Arquivo Histórico Provincial-Ourense
1
1
1
Arquivo Xudicial- Lugo
1
1
1
Arquivo Xudicial- Ourense
1
1
1
Arquivo Territorial- Lugo
1
1
1

Máis tarde, grazas á presión conxunta da CIG, dos corpos técnicos e das direccións de centros engadiuse unha praza máis, procedente do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (vacante).

O que estamos a ver é que ofertan todas os postos ocupados por persoal interino pero deixan sen ofertan vacantes puras coma as dúas do Arquivo de Galiza en Compostela ou unha no Arquivo do Reino de Galiza na Coruña. Estes tres postos figuran para amortizar na última proposta de RPT de Cultura; unha proposta que se fai para os sós efectos de destrución de emprego público (non crean nin un só posto).

Con exemplos coma este vemos que o  teórico clima de recuperación non chega á práctica do emprego público na Xunta. Diversas convocatorias de bolsas de formación en arquivos e contratos de asistencias técnicas veñen a demostrar que si que hai carga de traballo pero que prefiren que non se leve a cabo con traballadoras ou traballadores públicos.

Cómpre facer fincapé en que actualmente as consellarías xa non están obrigadas por lei a cargarse todas as prazas vacantes non ocupadas. Hoxe en día, na lei de Orzamentos figura que poderán propoñer a amortización daqueles postos “que consideren que non son necesarios para o cumprimento das funcións que teñen asignadas”.

Por outra banda, isto vai provocar que o persoal de novo ingreso teña menos onde escoller e que aumenten as probabilidades de desaloxar persoal interino.

O servizo á cidadanía é o máis importante, e os arquivos sen arquiveiros e arquiveiras non funcionan. Por ende manifestámonos en contra de ese recorte de prazas (unha na Coruña e e dúas en Compostela).

Ningún comentario:

Publicar un comentario