A denuncia presentada nos xulgados reclama o pagamento das subvencións para o funcionamento dos comités de empresa que a consellaría debe a cada comité a razón de 540€/ano desde o 2013.
Os Comites de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña e de Pontevedra, presentaron senda demanda por impago da subvención correspondente ao ano 2013. A representación do persoal laboral presentou demanda en materia de reclamación de cantidades contra a Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda da que é titular Elena Muñoz.
Os comités de empresa teñen establecido por Convenio o pago dunha subvención anual para gastos de funcionamento e desprazamentos pero a Consellería de Facenda deixou de ingresar esta axuda no ano 2013 e dende aquela non cumple co estipulado nas disposicións legais. Sin dar explicacións e dun xeito oscuro e torticeiro o departamento que dirixe Elena Muñoz, adeuda esta subvención aos comités de empresa sin coñecerse a que responde este impago ou a que outros menesteres se dedican estas cantidades que aparecen orzamentadas anualmente pero que dende o ano 2013 non se efectivizan.

Elena Muñoz convirtese nunha mala pagadora e morosa que incumpre co disposto no Convenio do Persoal Laboral da Xunta, e polo que tería que ter ingresado 540 euros a cada Comité dende o ano 2013 para os seus gastos de funcionamento como así contempla a lexislación vixente. A débeda vaise incrementado cada ano que non se fai o correspondente pagamento, polo que neste ano 2015 e tendo en conta que este ingreso non se efectivizou á maioria dos Comites da Xunta, neste momento a Consellería de Facenda debe mais de 20.000 euros ao total dos comités de empresa da Xunta de Galicia. Nos casos dos comités de Traballo e Benestar da Coruña e Pontevedra son 540,91 euros anualmente a cada comité dende o ano 2013.
Desde os Comités de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña e de Pontevedra, desexan que non teña que celebrarse o xuizo e a consellería de Facenda abone as cantidades adebedadas cesando neste tipo de prácticas contra os dereitos sindicais e que pretenden obstaculizar e impedir as funcións sindicais en defensa dos dereitos dos traballadores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario